Compartir:
0

O venres 28 dos correntes, ás 21:00 h. e nas instalacións do Liceo Casino, R/Castelao, 5 de Vilagarcía de Arousa, estamos de parto, celebramos a IX Mesa das Verbas, encontro poético que vimos celebrando puntualmente dende hai nove meses, cun embarazo e un parto a término gozoso. Compartimos a ledicia de parir versos. Agora toca mimar, coidar e desexar longa vida ao neonato.

Desexamos contar con todos no alumbramento, oficiará a palabra chea de sentimentos e emocións de todos os poetas e amantes da poesía presentes. Ofreceremos unha reportaxe a xeito de ecografías dos pasados meses, a través do ecógrafo, blog dos amigos da Asociación Poética "Brétema" de Vigo. Feliz parto.

Xermán Torres - Vcpte. e Secretario de Actividades Culturais do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.

Publicar un comentario Disqus

 
Top