Compartir:
0

Celebrado o Mercores 14 de Decembro no Auditorio, as 8 da tarde.


Nota de prensa do gabinete de comunicación sobre o acto:
OS ALUMNOS DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚISCA DE VILAGARCÍA PROTAGONIZAN O CONCERTO DE NADAL
Interpretan un programa que mestura obras clásicas de diferentes épocas e estilos con pezas modernas e populares
O Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía celebra mañá o seu tradicional Concerto de Nadal, un espectáculo no que os alumnos dos graos elemental e profesional son os protagonistas. Solistas, dúos e agrupacións actuarán sobre o escenario do Auditorio para ofrecer aos amantes da música a oportunidade de gozar coa interpretación de temas clásicos e modernos de diversos xéneros e épocas, e tamén co obxectivo de ir adquirindo táboas con interpretacións ante o público. O concerto comezará ás oito e media da tarde e a entrada é libre e de balde.
O concerto de Nadal abrirase cunha interpretación “fora de escena” dos alumnos do Conxunto de vento que interpretarán Jesu Meine Freude, de J.S.Bach.
Durante o espectáculo intercalaranse as intervencións dos alumnos solistas e dos dúos de conxunto e Música de Cámara, comezando polos solistas. Neste apartado actuarán Alba Piñeiro Lago (frauta), que tocará dous movementos dunha sonata de B. Marcello; Elena Rodríguez Oubiña (violín), que interpretará dous movementos do concerto de O. Rieding; Cristina García Rosal (clarinete), agasallará ao público co 2º movemento do concerto nº 1 de C.M. von Weber; mentres que Miguel de Miguel Melero interpretará a son de gaita a Jhota da Mosca de Ernesto Campos.
No apartado de dúos, as alumnas de conxunto de piano Irene García Magaña e Penélope Cervelo Bouzo interpretarán a catro man s o célebre The blue Danube de J. Strauss. No que a Música de Cámara se refire participarán dous dúos: o composto por José Ramiro Pérez González (trombón) e Cristina Gómez Crespo (piano), que tocarán Hasse Suite de Adolph Hass; e o formado por Begoña Poza Otero (piano) e Tamara Lede Piñeiro (clarinete) que interpretarán dous movementos da Sonata BWV 1031 de J. S. Bach.
O concerto concluirá coa intervención das agrupacións do Conservatorio. A primeira en subir ao escenario do Auditorio será a do Conservatorio para interpretar as catro pezas tituladas Compere Guilleri, A Laranza, The lion sleeps tonight e o Durme o neno. Por último, tocará a Orquestra do Grao Elemental que pechará o Concerto de Nadal coa interpretación dun Canon Popular, Noite de Paz 2011 e Oxygene de M. Jarre.

Publicar un comentario Disqus

 
Top