Compartir:

Sesión plenaria celebrada no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 29 de outubro de 2012, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA
1-Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 24 de setembro de 2012.

2-Toma de coñecemento das Resolucións da Alcaldía do mes de setembro de 2012.

4-Toma de coñecemento, da designación dun novo representante municipal na Fundación Fexdega en substitución de D. Luis Garrigós Villalba.
5-Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (3º trimestre de 2012)

6-Aprobación, se procede, da integración dos funcionarios na asistencia médico-farmaceutica da Seguridade Social, denuncia póliza Adeslas con efectos de 31/12/2012, en relación a este colectivo e mantemento da mesma en relación aos outros colectivos e persoal do Concello e os seus beneficiarios que o soliciten aceptando as novas condicións da mesma.

7-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 6, Reguladora da taxa da rede de sumidoiros.

8-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 15, Reguladora da taxa polo subministro de auga potable a domicilio, acometidas, contadores e outros.

9-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 26, Reguladora da taxa de depuración de augas residuais.
10-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 12, Reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.

11-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 19, Reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras.

12-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 23, Reguladora da taxa por entrada de vehículos a través das beirarrúas e outros.

13-Aprobación provisional, se procede, da Ordenanza Fiscal nº 25, Reguladora da taxa por toldos, marquesiñas, saíntes, beirís, rótulos e outros.

14-Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do BNG sobre a etiquetaxe obrigatoria dos produtos galegos do mar para a conserva ou transformación.

15-Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PSdeG-PSOE sobre o fortalecemento dos bancos de alimentos e o mantemento do programa europeo de axuda alimentaria ás persoas mais necesitadas.

16-Aprobación, se procede, da Moción presentada polo Grupo Político Municipal do PSdeG-PSOE sobre a desgravación do IVA para o material escolar.

Interpelacións.

Rogos e preguntas.
 
Top