Compartir:
Condesa Sport recorre a decisión do Padroado de deixar deserto o concurso das pistas de pádel por un procedemento de forma 

O Padroado da Fundación Fexdega reúnese mañá co obxectivo de continuar coa tramitación de dúas das iniciativas postas en marcha nos últimos meses. A primeira é a adxudicación dos servizos de contabilidade e tramitación de impostos e a segunda retomar o proceso de licitación do proxecto de instalación e explotación das pistas de pádel no recinto. A orde do día prevista inicialmente podería verse alterada como consecuencia do recurso presentado onte por unha das empresas que concorreron ao concurso, Condesa Sport, contra a decisión adoptada pola Fundación de suspender a adxudicación por un defecto de forma.

A empresa presentou o recurso no Rexistro do Concello onte a mediodía. Como o Padroado tiña previsto que na reunión de mañá se declarase deserta a licitación polo defecto de forma detectado pola Mesa de Contratación e, a continuación, aprobar o novo prego de cláusulas para volver a sacar a concurso o proxecto, o lóxico en vista da novidade producida é que, previamente se aborde o recurso de Condesa Sport. En función do ditame xurídico e do acordo que adopte o Padroado respecto á reclamación, o proceso continuará como estaba previsto na orde do día, é dicir, iniciando dende o principio o procedemento de licitación, ou, de estimarse o recurso, continuar no punto no que se estaba, procedendo á adxudicación da concesión.

Recordamos que recentemente Condesa Sport publicitou por Radio Arosa a sua intención de inagurar en breve unhas pistas de padel en Vilagarcía.

O alcalde, asegurou descoñecer o tema e informou de que non existe solicitude por parte desa empresa de instalar pistas de padel, e que en todo caso, de tratarse dunha inversión o marxe de Fexdega, sería un perxuicio.

Cabe destacar que a empresa que actualmente ofrece este servicio de alquiler de pistas de padel en Vilagarcía; Arousa Padel, amosou o seu descontento co Concello, por facerlles competencia tras asegurarlles antes da creación das instalacións de que en Fexdega non se instalarían pistas.

O terceiro dos asuntos incluídos na orde do día do Padroado que se celebrará a partir das 13:00 horas en Fexdega, é ratificar á Fundación de Deportes na utilización das instalacións de Fexdega. Trátase dun xesto co que se recolle por escrito o compromiso -xa en vigor dende que o Concello asumiu o pasado mes de xeneiro a xestión de Fexdega- de destinar as instalacións da Maroma ao deporte base, compatibilizando este uso coa actividade feiral segundo o modelo defendido polo goberno local.

En todo caso, si se dera o pouco probable suposto de que o concurso fora adxudicado á empresa AUN Xestión Deportiva, e Condesa Sport inagurara igualmente unhas pistas, xunto co actual servicio que ofrece Arousa Padel, Vilagarcía convertiríase na capital mundial do padel. Cousas que pasan.
 
Top