Compartir:

Sesión extraordinaria celebrada en el Salón de Sesións da Casa do Concello, o 3 de Decembro.

Entre outros, debatironse os seguintes puntos na orde do día:

Declaración de non dispoñibilidade de créditos do Capítulo I do orzamento xeral do Concello do ano 2012, destinados á paga extraordinaria do persoal funcionario e laboral do mes de decembro

Aprobación provisional, se procede, das seguintes Ordenanzas Fiscais: Taxa por expedición de documentos administrativos, taxa por recollida de lixo, taxa por licenzas de actividades e instalacións, taxa por licenzas urbanísticas, taxa por recollida e retirada de vehículos da vía pública e outros, imposto sobre construcións, instalacións e obras, incremento do valor dos terreos de natureza urbana, taxa por utilización das instalacións existentes nos mercados, taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías e outros, taxa por ocupación de terreos de uso público con postos, barracas e outros, taxa por servizos especiais ou transportes, taxas por impartición de ensinanzas no conservatorio Profesional de Música.

Moción do BNG par que se modifique a Lei Hipotecaria e adopción de medidas sociais para solucionar o drama dos desafiuzamentos.

Moción do BNG para esixir a implicación directa do Concello de Vilagarcía de Arousa no proceso de resolución do conflito de Alfageme.






 
Top