Compartir:


O desfile de disfraces modifica o percorrido con saída e chegada a Rúa Alexandre Bóveda

Ao remate do percorrido celebrarase un baile na Praza da Peixería, onde se darán a coñecer os premios do concurso

O Martes de Entroido volverá a encher as rúas de Vilagarcía de alegría, diversión e moito color. Será a través do Desfile Concurso de Disfraces e Carrozas que se desenvolverá a partir das cinco da tarde e que este ano modifica parte do seu percorrido. O desfile partirá desde a Rúa Alexandre Bóveda, nas inmediacións da Praza de Abastos, e rematará no mesmo lugar. O baile fin de festa celebrarase na Praza da Peixería, onde tamén se farán públicos os gañadores dos premios.

Os grupos e disfraces inscritos para participar no desfile concurso concentraranse nas rúas Alexandre Bóveda e Doutor Carús, para formar e organizarse de cara a realizar a saída ás cinco da tarde. O percorrido comezará a circular cara a rúa Alejandro Cerecedo para seguir por Doctor Tourón en sentido á Praza de España. Os desfile continuará por Edelmiro Trillo e Praza da Independencia. Despois de bordear o xardín, os disfraces dirixiranse por Padre Feijoo á Praza de Galicia para tomar a continuación por Arzobispo Lago e rematar de novo en Alexandre Bóveda.

Tras rematar o percorrido, os concursantes e todas as persoas que o desexen, poderán participar no fin de festa que terá lugar na Praza da Peixería cun baile no que se darán a coñecer os nomes dos gañadores dos distintos premios establecidos pola Concellería de Cultura nas diversas modalidades.

Rúas libres de vehículos antes das catro da tarde

A efectos de facilitar a organización do acto de Entroido, prégase a colaboración dos condutores para que retiren antes das catro da tarde os vehículos aparcados nas rúas polas rúas que compoñen o percorrido do desfile e que hoxe mesmo comezou a sinalizar a Policía Local. A partir das catro da tarde, a grúa da Policía comezará a retirar os vehículos que aínda permanezan nas zonas afectadas. Tamén se pide a colaboracións dos veciños que teñan que acceder ou sacar os seus coches de garaxes situados nas rúas do percorrido, para que o fagan coa antelación suficiente.

Recoméndase aos condutores, tanto aos que retiren os seus vehículos do centro como aos que s eacheguen a Vilagarcía para presenciar o desfile, que fagan uso dos aparcamentos disuasorios como o da Maroma e o posterior de Fexdega, a TIR e o Ramal ou a bolsa de estacionamento de Renfe e a zona da Escardia.

Os premios o desfile son:

Adultos:
Mellor disfraz colectivo 600€
Mellor disfraz parella 300€
Mellor disfraz indiv 200€
Mellor animación 300€
Mellor interpretacion 300€
Disfraz mais orixinal 300€

Infantil
Mellor disfraz colectivo 400€
Mellor disfraz parella 100€
Mellor disfraz individual 50€
Mellor acaompañamento 150€
Mellor interpretación 150€
Disfraz mais orixinal 150€
 
Top