Compartir:

Actuación no Auditorio de Vilagarcía de Arousa o 9 de Marzo

As entradas pódense adquirir xa a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. O prezo é de 28 euros

O Auditorio Municipal recibe o 9 de marzo a Raimundo Amador que presentará en Vilagarcía o seu último espectáculo musical que leva por título "Noches de Blues y Flamenco". O carismático músico xitano, artífice do mestizaxe flamenco, non actuará só xa que virá acompañado da Vargas Blues Band, a formación liderada polo guitarrista Javier Vargas.

A actuación de Raimundo Amador e a Vargas Blues Band representa unha excelente oportunidade para presenciar uns dos mellores espectáculos de música en directo que se poden ver na actualidade no país, un concerto que,a demais, conta co atractivo que supón a mestura de opus xéneros tan distantes é a vez que conxugan tan ben como o flamenco e o blues.

"Noche de Blues y Flamenco" ofrece un enfrontamento e unha entrega desgarradora que, combinando partes acústicas e eléctricas de ambos xéneros, culmina cun fastuoso colofón final onde se fusionan ambos estilos nunha paixón sen límite. Os dous guitarristas farán un percorrido polos éxitos máis importantes das súas dilatadas carreiras nun concerto cheo de extraordinarias pinceladas e colaboración entre ambos.

Un xitano de solera que tocou con BB King

Raimundo Amador procede dunha familia xitana con moita solera no que ó flamenco se refire.Guitarrista, cantaor, e compositor, Raimundo Amador é o principal artífice en España do mestizaxe flamenco con outras músicas como o blues, o reeage, o rock e mesmo o hip hop. O autor de temas tan coñecidos como "Ay que gustito pá mis orejas" foi fundador de dous grupos pioneiros Veneno, xunto con Kiko Veneno, e Pata Negra, xunto con seu irmá. Tamén colaborou en innumerables ocasións coas máis grandes figuras o flamenco, como Paco de Lucía ou Camarón, aínda que a súa particular visión mestiza do flamenco tamén o levou a participar con artistas internacionais doutros xéneros, como BB King ou Björk.

Do rock sureño de USA ao reagge xamaicano

A Vargas Blues Band fórmaba Luis Mayo, Peter Kunst, Bobby Alexandre, Tim Mitchell, e a súa alma máter, Javier Vargas. Este músico nado en Madrid, criado en Arxentina e formado musicalmente en Estados Unidos. Despois de tocar con varias bandas de rock sureño en USA, Vargas toma contacto co reeage cos músicos xamaicanos cos que tocaba a guitarrista nun grupo que amenizaba unha rota de cruceiros turísticos.

De regreso a España, Vargas formou parte da banda de Miguel Ríos e colaborou coa Orquestra Mondragón compaxinando a súa faceta de músico coa de compositor. Tras pasar por outras moitas formacións, en 1991 crea a súa propia banda, editando varios discos que acadaron cifras records de venta en España para o xénero de blues. Vargas contou con colaboracións tan salientables como as de Chris Rea ou Andrés Calamaro e o seu tema "Blues Latino" foi recollido por Carlos Santana que o incluíu no seu disco Santana Brothers.

Fonte: Prensa Vilagarcía
 
Top