Compartir:
0

A MÚSICA DE TÓDOLOS TEMPOS (6dic)

Sábado 21h, espectáculo solidario en Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

Entradas en taquilla y servinova ZonaA 5€. ZonaB y C 4€.

Os espectáculos solidarios en favor de Álex Dasilva e a asociación NIPA rematan este sábado, 6 de decembro, cunha velada musical na que se darán cita 35 músicos e cantantes profesionais e afeccionados que se reúnen por primeira vez para unha causa deste tipo coa colaboración da Concellería de Cultura. Baixo o título de "A Música de todos os tempos", a gala inclúe un amplo abano de estilos musicais de diferentes épocas co denominador común da calidade das interpretacións. A recadación destinarase integramente a colaborar coa familia do neno transplantado e a asociación NUPA.

Os organizadores do evento cualifican esta velada como "unha reunión musical solidaria e irrepetible na que os artistas darán o mellor de si mesmos para emocionar e divertir ao público".
Este paseo musical inclúe música clásica, lixeira, instrumental, música de autor, popular e ata rock, interpretada por solistas, dúos e grupos, polo que está deseñada para agradar a todo tipo de público.

O coordinador da velada, José Álvarez; puxo de manifesto a satisfacción dos participantes por tomar parte nesta iniciativa solidaria, un interese que non lles impediu saltar todo tipo de obstáculos para preparar os números tendo en conta as obrigas e horarios laborais e familiares e mesmo a distancia xeográfica nalgúns casos. Álvarez tamén salientou a calidade interpretativa de todos os artistas, entre os que se atopan profesores e alumnos do Conservatorio e da Escola de Música, profesionais e afeccionados con anos de traxectoria e demostrada calidade.
A concelleira de Cultura, Rocío Llovo, engadiu a estes atractivos a sempre coidada e vistosa posta en escena dos espectáculos coordinados por Álvarez e agradeceu o traballo desinteresado das persoas que interveñen na gala do sábado, así como do resto dos grupos que participaron no ciclo de espectáculos solidarios en beneficio de Álex Dasilva.

"A Música de todos os tempos" terá lugar o sábado, 6 de decembro, no Auditorio, a partir das 21:00 horas. As entradas para asistir a este espectáculo véndense a 5 euros na zona A e 4 nas zonas B e C. Pódense adquirir anticipadamente a través da web www.servinova.com e do teléfono 902504500. En ámbolos dous casos, a operación non leva gastos de xestión engadidos por tratarse dun espectáculo solidario. As localidades restantes tamén se poderán comprar aos mesmos prezos o día da función na billeteira do Auditorio.

O elenco da velada "A Música de todos os tempos" está integrado por Alfonso Galbán (piano), Manolo Suárez (voz), Juan Carlos Porto (piano, teclados e arranxo), Javier Vila (piano), Kevin Patachiuta (violín), Alberto Estévez (voz e guitarra), Matías Leiro (vos e guitarra), Bruno Canario (percusión), José L. Sanz, Manuel Conde, Victor Bóveda e Enrique Rego (guitarras). No apartado vocal interveñen Beatriz Vázquez, José Luis Prado, Inma Millán, Milagros Villanueva- Miel, Manolo Pérez, Alberto Arines, Xosé Ferro, José Álvarez. No espectáculo tamén participa o grupo vilanovés de corda "Cremallera" . Ademais, colaboran no acto solidario Diego Alcaine, Julio garcía, Alicia Bascuas e Iván Gago.

Publicar un comentario Disqus

 
Top