Compartir:
0
Un ano máis poñémonos en contacto con vós para invitarvos a participar na mostra de arte solidaria
bienal ‘CARITarte 2013’, que nesta oitava edición se dedicará somente à fotografia e que se inaugurará na Sala de Exposicións do Auditório de Vilagarcía de Arousa do 13 de decembro 2013 ao 13 de xaneiro 2014.

Cáritas traballa sempre a prol dos máis desfavorecidos, a través do Comedor Social, Comedor sobre Rodas, Casa de San Cibran, Invernadoiro Sobradelo, etc… Nas sete edicións de Caritarte a recadación foi utilizada da seguinte maneira: no ano 2005 neveira e material de invernadoiro, no ano 2006 tractor, no ano 2007 lavavaixelas, no ano 2008 mesas e cadeiras, no ano de 2009 axudas de emerxencia…, e no último ano 2012 axudas de emerxencia y comedor social.

Recordar que no ano seguinte 2014 será dedicado somente a pintura, dibujo, escultura y grabado….- esto non quere decir que tamén podedes mandar una foto neste ano 2013.

Por suposto, a temática, o estilo, e a técnica a utilizar é absolutamente libre. O único condicionamento é cinguirse ao formato máximo de 60 cm por un dos lados en el enmarcado de la foto. O prezo da obra tamén é libre. Cada artista deberá fixalo e incluílo na ficha de inscripción que se adxunta con esta carta e que nos remitiredes ao mesmo tempo que nos enviedes a obra.

As obras deberán ser enviadas enmarcarcadas. Para remitírnolas por correo ou mensaxería (Caritarte 2013 - Comedor Social de Cáritas - Praza da Constitución, 16. CEP 36600 - Vilagarcía de Arousa-Pontevedra – Galicia - España). Se o preferides tamén podedes entregalas persoalmente neste mesmo enderezo.

* O prazo límite de recibimiento é o martes 10 de decembro de 2013.

* Lembrámosvos tamén que no caso de que a obra sexa vendida durante a exposición o 50% será para Cáritas e o outro 50% para o artista, e as obras non vendidas deberán ser recollidas após o dia 15 de xaneiro de 2013 no mesmo enderezo. As obras non recollidas nun prazo de 3 meses, decorarán os distintos edificios de Cáritas, pero sempre serán propiedade do artista, que as poderá recuperar cando queira.

Coma sempre, moitas grazas pola vosa desinteresada colaboración.
Unha aperta, de Francisco Fernandez Rodríguez e Jose Luiz Oubiña.

Para calquera dubida podedes poñervos en contacto con nós a través dos teléfonos de Cáritas Arousa (+34 986 565 391) ou de José Luiz Oubiña (+34 655 981 222), ou ben a través do enderezo electrónico caritasdearousa@mundo-r.com.

ver--► CaritArte edición 2012

Publicar un comentario Disqus

 
Top