Compartir:
0
AS TRABALLADORAS DE CUCA OBTEÑEN O RESPALDO UNÁNIME DA CORPORACIÓN PARA REIVINDICAR A VOLTA DA CONSERVEIRA A VILAXOÁN

A comisión municipal reunirase o venres con representantes da empresa para coñecer os seus plans respecto á execución da sentencia

Vilagarcía, 17 de febreiro de 2014.- A comisión municipal creada para tratar a problemática do trasladado de Cuca transmitiu esta mañá ás representantes do comité de empresa o respaldo unánime da Corporación á reivindicación das traballadoras para que a conserveira retome a súa actividade en Vilaxoán. Ante o novo escenario creado tras a sentenza xudicial a favor dos argumentos do plantel, a comisión reunirase o venres cos representantes da empresa para coñecer os seus plans respecto á execución do fallo.

O alcalde, Tomás Fole, presidiu a reunión na que participaron os voceiros dos grupos municipais do PP, PSOE, BNG e Eu, ademais das representantes do comité de empresa. No encontro, as traballadoras solicitaron pleno apoio da Corporación para lograr que a conserveira do grupo Garavilla retome a actividade en Vilaxoán e as operarias desprazas á planta do Grove poidan volver a traballar nas dependencias orixinais da firma. Fole explicou que este sempre foi o desexo de toda a Corporación e agora que existe unha sentencia neste mesmo sentido cóntase cunha base legal firme para acadalo.

Co fallo na man, a comisión reunirase o venres con responsables da empresa co obxectivo de que informen sobre os plans e prazos que manexan para executar a sentenza, así como para coñecer as condicións nas que se retomaría a actividade fabril en Vilaxoán e ás que afectarían directamente ás traballadoras. Unha vez celebrado este encontro e con toda a información sobre a mesa, a comisión volverase a reunir para a toma de conclusión e, en función, das mesmas determinar si é preciso adoptar ou non outra serie de medidas.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top