Compartir:
0
A ORQUESTRA DO CONSERVATORIO HOMENAXEA A VERDI E A ADOLPH SAX NO CONCERTO

QUE OFRECE MAÑÁ NO AUDITORIO


Interpretarán un repertorio sinfónico e bandístico para amosar ao público a destreza interpretativa da agrupación

A actuación abrirase dun xeito espectacular coa Obertura da ópera Nabuccodonosor

Comeza ás 20:00 horas e a entrada é de balde

Vilagarcía, 25 de febreiro de 2014.- A Orquestra do Grao Profesional do Conservatorio Profesional de Música protagoniza mañá, mércores, 26 de febreiro, un concerto moi especial no que renderá homenaxe ao compositor italiano Giusseppe Verdi e ao inventor de instrumentos musicais Adolph Sax. A agrupación, formada por alumnos da materia de Orquestra que imparte o profesor Jorge Manuel Ferreira, impartirá un variado repertorio sinfónico e bandístico co que amosar ao público a destreza interpretativas dos seus compoñentes en ámbolos dous estilos. O concerto será ás 20:0 horas no Auditorio e a entrada é libre e de balde.

Ademais de realizar unha sesión práctica coa que a Orquestra vaia acostumándose a actuar ante o público, a agrupación pretende con este concerto render homenaxe a dúas figuras moi importantes para a música con motivo do bicentenario dos seus nacementos. Primeiro ao compositor italiano Giusseppe Verdi (1813-1901), e en segundo lugar ao inventor de instrumentos musicais Adolph Sax (1814-1894).

A Orquestra do Conservatorio abrirá o concerto de xeito espectacular coa interpretación da Obertura da ópera Nabuccodonodor, de Verdi. O programa continuará coa composición para trompeta e banda "Eolo, el Rey" do compositor español Ferrer Ferrán (1966), unha obra divertida e amena que describe a gran forza do rei gardián dos ventos. O solista desta obra será o alumno de 1º curso do grao profesional, Jaime Nine Daponte.

A terceira obra a interpretar pola Orquestra no concerto de mañá terá como instrumento solista a trompa. Será a través do Romance Op.36, do francés Camile Saint Saens, na que intervirá como solista Sabela Crespo Dominguez, alumna de 6º curso do grao profesional.

O concerto rematará co segundo homenaxe previsto. Ó que a Orquestra do Conservatorio renderá a un dos grandes inventores de instrumentos musicais do século XIX, Adolph Sax (1814-1894) inventor da familia de saxofóns. Con motivo do bicentenario do seu nacemento, e para recordar a súa figura e achega á música, interpretarán a obra "Concerto para saxofón alto e banda" escrita polo compositor inglés Ronald Binge( 1910-1979) en 1956. Sara Magariños Cardama de 6º curso do grao profesional será a solista de saxofón nesta peza.

O concerto de mañá incluirá unha breve explicación introdutoria a cada unha das composicións a interpretar co obxectivo de que o público, ademais de gozar da actuación da Orquestra, teña máis criterios comprender a obra e para avaliar a técnica.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top