Compartir:
0

O CIM organiza un obradoiro de relaxación para o Día da Muller Traballadora

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade do Salnés abre o prazo de inscrición para todas as mulleres que desexen participar nun Obradoiro de Relaxación que se vai celebrar o día 7 de marzo, véspera da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora (sábado, 8 de marzo).

Este taller vaino impartir Outono Psicoloxía Educativa no centro sociocultural da Merced, dende as 10 da mañá ata as 12 horas do mediodía, para un máximo de vinte participantes que serán seleccionadas por rigurosa orde de inscrición.

As mulleres interesadas xa poden formalizar a súa solicitude para participar nesta actividade de carácter gratuito na sede do CIM comarcal, situada no edificio municipal da rúa Ourense, 3º andar. Unha convocatoria similar vaise realizar tamén nos municipios de Ribaumia e Meis ó longo do presente ano, en datas que se anunciarán no seu día.

Para completar a véspera do Día Internacional da Muller, tamén está previsto instalar unha mesa informativa na praza do Concello, sempre e cando as circunstancias meteoroloxicas o permitan.

Concerto da Filarmónica do Salnés

Para o mesmo 8 de marzo, no que se conmemora o Día da Muller Traballadora, o Concello organiza un concerto da Banda Filarmónica do Salnés, de recente formación, que está dando os seus primeiros pasos con gran aceptación do público.


CONCELLO DE CAMBADOS

Gabinete de Comunicación

21 de febreiro 2014

Publicar un comentario Disqus

 
Top