Compartir:
0

A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL ABRE O 1 DE MARZO O PERÍODO DE RENOVACIÓN DE PRAZA PARA ALUMNOS XA MATRICULADOS


As familias deben recoller os formularios na gardería ou no Concello e presentalas no rexistro Xeraldo Concello coa documentación requirida


Vilagarcía, 21 de febreiro de 2014.- O departamento de Servizos Sociais da Concellería de Traballo e Benestar informa de que o prazo de reserva de praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso ábrese o 1 de marzo, para aqueles nenos que xa están escolarizados no centro da Lomba. Posteriormente abrirase unha segunda quenda para que reserven praza os alumnos de novo ingreso.

As familias que xa contan con nenos escolarizados na Escola Infantil Municipal e que pretendan mantelos no centro durante o curso 2014/15 poderán tramitar as súas reservas do 1 ao 15 de marzo. Os interesados deberán recoller na propia gardería os formularios de solicitude, onde tamén figura o listado coa documentación que deben achegar, e presentalo todo no rexistro Xeral do Concello no prazo sinalado. Os impresos tamén se poden imprimir a través do taboleiro de anuncios da web municipal.

Os nenos e nenas matriculados en horario de tarde no presente curso, só poderán reservar praza nese mesmo horario. No caso de querer dispor de praza de mañá terían que presentar a solicitude de novo ingreso, no segundo prazo de reserva, e serán novamente baremados.

ALUMNOS DE NOVO INGRESO

Unha vez rematado o período de renovación, abrirase o proceso de solicitude de praza para alumnos de novo ingreso. As familias interesadas deberán realizar o pertinente trámite entre o 17 e o 31 de marzo. As solicitudes recóllense na propia Escola Infantil e nos Servizos Sociais do Concello e tamén se poden imprimir dende o taboleiro de anuncios da web municipal. Os formularios cubertos, xunto coa documentación requirida, deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top