Compartir:
0
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NA MARATÓN FOTOGRÁFICA DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O certame celebrarase durante a xornada do sábado, 8 de Marzo. Establécense tres premios datos cada un deles con 200 euros

Vilagarcía, 25 de febreiro de 2014.- As persoas interesadas en participar na Maratón Fotográfica pola Igualdade de Xénero no Mundo do Traballo dispoñen de prazo ata o venres, 28 de febreiro para inscribirse na actividade que se celebrará o sábado, 8 de marzo, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller. Os participantes só poden ser afeccionados, non profesionais da fotografía. A inscrición pode realizarse persoalmente na Área de Igualdade, nos baixos da Casa Consistorial, por correo electrónico (muller@vilagarcia.es) ou mesmo a través do fax (986 512 226). Tanto as bases como o formulario de inscrición poden ser consultados e baixados nesta mesma web.

A Área de Igualdade a través do Centro de Información á Muller convocou a sexta edición da Maratón Fotográfica no marco dos actos conmemorativos do 8M. O obxecto da competición fotográfica é reflectir a igualdade de xénero no eido laboral. Para iso, os participantes terán que presentar as súas propostas con relación a tres temas que as técnicas da Área de Igualdade lles darán a coñecer o mesmo día 8 de marzo e nos sucesivos controis. Con todo o material, o Concello organizará unha exposición na que tamén se darán a coñecer os traballos gañadores. Haberá tres premios, un por cada un dos temas propostos, dotado cada un deles con 200 euros.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top