Compartir:
0
AS POPULARES NUCHA E MUCHA ACHÉGANSE O DOMINGO A VILAGARCÍA PARA CONTAR AS ÚLTIMAS NOVIDADES DE ARDEBULLO


O dúo cómico actuará no Auditorio a partir das sete da tarde e as entradas están á venta a 10, 8 e 6 euros


Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- O humor máis enxebre chega o domingo ao Auditorio da man das Cantareiras de Ardebullo. As populares Nucha e Mucha, as irmás máis coñecidas de Galicia polas súas actuacións televisivas nos programas Luar e A Casa da Conexa, achéganse a Vilagarcía para contar as súas últimas peripecias. A actuación comezará ás 19:00 horas e as entradas xa se poden adquirir a través de servinova.com ou da billeteira telefónica 902 504 500 ao prezo de 10, 8 e 6 euros. O día do es
pectáculo venderanse a partir das 17:00 horas no Auditorio.

Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán son Nucha e Mucha, as famosas Cantareiras que cada venres aterrizaban no programa da TVGLuar desde a súa aldea, Ardebullo, un paradigma do rural no que conviven coas súas once irmáns, entre elas Carmucha, a madriña e a mamá, máis coñecida como A Conexa. As actuacións das fillas da Conexa son un éxito de público asegurado grazas á cercanía e á naturalidade do seu humor, que enche prazas, romarías e auditorios alá por onde van.

Afecionadas á música, a Nucha e Mucha nos seus espectáculos gústalles improvisar cancións para cantar co público e nas que falan doutros veciños como o fornido Tomás ou o padre Nicanor, o cura da parroquia ao que as cantareiras queren "como a un pai". As cantareiras de Ardebullo relatan así o día a día do que podería ser calquera aldea galega, cun humor "hiperenxebre" e familiar que fai que o seu espectáculo sexa garantía de festa.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top