Compartir:
0
O CONCELLO REQUIRIRÁ A TODOS OS HOSTALEIROS CON TERRAZAS PARA QUE LEGALICEN AS SÚAS INSTALACIÓN

De acordo coa Lei de Emprendedores, todas deben contar con licenza e estas serán ditaminadas pola Comisión de Seguimento, da que forma parte Ahituvi

Vilagarcía, 24 de febreiro de 2014.- O Concello requirirá a todos hostaleiros con terrazas para que legalicen a súa situación, presentando os permisos que xustifican a instalación ou solicitando a concesión de licenza. De acordo coa Lei de Emprendedores, a ocupación de solo público está suxeita á concesión previa do permiso municipal. Para que este permiso poda ser expedido, os hostaleiros deben presentar o seu proxecto e este debe ser ditaminado pola Comisión de Seguimento de Terrazas, da que forma parte o goberno local, os técnicos do Concello e a Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas, Ahituvi.

Paralelamente a este requirimento, a Policía Local realizará unha nova inspección de todas as terrazas existentes no termo municipal. O goberno local confía en que os empresarios do sector colaboren para que na ocupación do solo público sexan compatibles os lexítimos intereses dos hostaleiros cos dos cidadáns na libre circulación polas rúas e o aceso aos seus domicilios ou negocios.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top