Compartir:
0
O CONSELLO LOCAL DA MULLER REXEITA, POR MAIORÍA, O ANTEPROXECTO DA LEI DO ABORTO


Vilagarcía, 7 de febreiro de 2014.- O Consello Local da Muller acordou por maioría, en xuntanza celebrada o 29 de xaneiro de 2014, facer público o seu rexeitamento ao Anteproxecto de Ley orgánica de protección del concebido y de los derechos de la mujer embarazada prevista polo Goberno do Estado. A representante do Partido Popular e a da unha asociación votou en contra.

As representantes do Consello Local da Muller consideran esta reforma da actual Lei do aborto un retroceso dramático para os dereitos das mulleres polos seguintes motivos:

• A actual Lei de 2010 recoñece ás mulleres a efectividade dos seus dereitos sexuais e reprodutivos, é dicir, o dereito a decidir sobre si mesmas, a súa sexualidade e a súa maternidade como suxeitos autónomos con capacidade de decisión.

• A aplicación da Lei de 2010 non só non produciu problemas nin rexeitamentos, senón que os propios datos recentemente publicados na web do Ministerio de Sanidade en decembro de 2013 reflexaban que o número de abortos reduciuse.

• A regulación recollida no anteproxecto de Ley orgánica de protección del concebido y de los derechos de la mujer embarazada supón un retroceso de máis de 30 anos no recoñecemento dos dereitos ás mulleres como suxeitos xurídico/políticos: cuestiona a súa autonomía e, polo tanto, a súa capacidade de decisión.

• Con este anteproxecto vólvese a un sistema de supostos moitísimo máis restritivo que a regulación que estivo vixente entre 1985 e 2010 e somete ás mulleres embarazadas a unha penosa peregrinaxe en busca dos informes médicos requeridos, vulnerando a súa libre determinación da personalidade e a súa dignidade humana, xa que son outras persoas as que se erixen con capacidade e lexitimidade para decidir sobre elas.

• O anteproyecto non ten en conta a decisión das menores de 16 a 18 anos ao esixirlles acreditar o consentimento e o asentemento dos titulares da patria potestade, titor ou curador sen ter en conta situacións de conflitos graves intrafamiliares e/ou de violencia;

• Este anteproxecto é obxecto de contestación e rexeitamento por una ampla maioría social: asociacións de mulleres, asociacións de clínicas acreditadas, asociacións de profesionais da sanidade, asociacións de profesionais dos Servizos Sociais, partidos políticos, sindicatos, asociacións de xuíces tanto a nivel nacional como internacional e do noso contorno europeo.
 




LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete



--
Este correo electrónico y, en su caso, cualquier fichero anexo al mismo, contiene información de carácter confidencial exclusivamente dirigida a su destinatario o destinatarios. Queda prohibida su divulgación, copia o distribución a terceros sin la previa autorización escrita del remitente. En el caso de haber recibido este correo electrónico por error, se ruega notificar inmediatamente esta circunstancia mediante reenvío a la dirección electrónica del remitente. POR FAVOR, ANTES DE IMPRIMIR ESTE CORREO ELECTRÓNICO CONSIDERE SU APORTACIÓN A LA CONSERVACIÓN DEL MEDIO AMBIENTE POR LA REDUCCIÓN DE CONSUMO DE PAPEL.

En cumplimiento de la Ley de Servicios de la Sociedad de la Información y de Comercio Electrónico (LSSICE) y de la Ley Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Personal (LOPD), así como del "Real Decreto 994/1999" por los cuales se regulan las medidas de seguridad de los ficheros automatizados, le comunico que su dirección de correo electrónico forma parte de mi base de datos,  con la única finalidad de informarle de las diversas actividades y ofertas comerciales de mi empresa, sea por su condición de cliente o por que me haya solicitado información comercial en algún momento, sea porque usted ha autorizado que sus datos figuren en un fichero comercial automatizado. Es mi voluntad evitar el envío deliberado de correo no solicitado, por lo cual si no desea recibir más comunicaciones comerciales por mi parte, le ruego me lo indique mandando un mensaje a la siguiente dirección de correo electrónico: redaccion@arousatv.com indicando en el asunto: baja o no enviar emails.

Publicar un comentario Disqus

 
Top