Compartir:
0
SESIÓN PLENARIA ORDINARIA


Sesión plenaria que se celebrará no Salón de Sesións da Casa do Concello, o día 24 de febreiro de 2014, ás 17,00 horas.

ORDE DO DÍA

1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 27 de xaneiro de 2014.
2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes xaneiro de 2014.
3. Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2012, de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (4º Trimestre 2013)
4. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas.
5. Manifesto do Consello Local da Muller de Vilagarcía de Arousa con motivo do 8 de marzo, día internacional da muller.
6. Reclamación presentada polos delegados de CC.OO, UGT e CIG, contra o acordo plenario de expediente de baixa de saldos de exercicios pechados por prescrición de obriga recoñecida.
7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do BNG para a solución dos distintos problemas que afectan ao CEIP A Escardia.
8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal de EU de devolución da taxa da tarxeta de acceso a zonas peonís.
9. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU, sobre campaña informativa de bonificacións e axudas existentes nos impostos, taxas e prezos públicos municipais.
10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coa Contaminación da Ría de Arousa.
11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coa Reordenación da Rúa Ramón Cabanillas.
12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación coa Reordenación do tráfico na Rúa Ramón y Cajal e Juan Carlos I.
13. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo municipal do PSdeG-PSOE en relación deficiencias obra Ferrocarril a Ferrazo.
14. Interpelacións.
15. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia.
16. Respostas ás preguntas formuladas en sesións plenarias anteriores.
17. Rogos e preguntas.
18. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.



Vilagarcía de Arousa, 20 de febreiro de 2014.
O ALCALDE-PRESIDENTE,    A SECRETARIA XERAL,

Tomás Javier Fole Díaz Rosa Losada Suárez



LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top