Compartir:
0
OS PORTAVOCES MUNICIPAIS SE REUNIRÁN CON EMPRESA E TRABALLADORES PARA ANALIZAR O FUTURO DE CUCA

En función da información obtida, a corporación adoptará os acordos que consideren oportunos en defensa da conserveira de Vilaxoán

Vilagarcía, 11 de febreiro de 2014.- O alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole, convocará para o vindeiro luns aos representantes de Garavilla, propietaria actual de Conservas Cuca, e aos representantes sindicais do plantel de traballadores a fin de coñecer de primeira man, e con presenza dos voceiros de todos os grupos políticos, cal é a situación actual da conserveira vilaxoanesa e as expectativas de futuro, tendo en conta a última sentenza xudicial. Así se acordou esta tarde noite na primeira reunión da "comisión de Cuca", creada na última sesión plenaria da Corporación.

En principio, a convocatoria de empresa e sindicatos se realizará para o vindeiro luns, en sesións separadas pero sempre con presenza de todos os grupos políticos municipais. Se unha das partes non puidera acudir nesa data, se lle emprazaría para outra, dentro da mesma semana. En calquera caso, unha vez coñecidos os argumentos de empresa e representantes sindicais, a comisión municipal volverá a reunirse para adoptar as medidas que considere oportunas coa vista posta en defender a continuidade de Cuca e do emprego en Vilaxoán.

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top