Compartir:
0
A FUNDACIÓN REABRE OS CAMPOS DE HERBA NATURAL DA LOMBA E FONTECARMOA

Despois do descanso da última semana, os clubs poderán adestrar e xogar os seus partidos de competición con normalidade

Para os partidos do domingo marcaranse con pintura os terreos de xogo ao concluír que o exceso de cal foi a causa das abrasións

Fundación e Arousa insistirán para que un perito da Federación inspeccione A Lomba

Vilagarcía, 17 de febreiro de 2014.- Os campo de herba natural da Lomba e de Fontecarmoa poderán volver a utilizarase esta semana tras o peche preventivo declarado a semana pasada pola Fundación de Deportes. A presidenta do organismo e concelleira do Ramo, Elena Suárez, anunciou a medida aos responsables do Arosa S.C. Na xuntanza que mantiveron no Concello este mediodía para analizar diferentes cuestións sobre o estado e uso do estadio municipal da Lomba. A apertura dos campos municipais supón que Arosa, Arousana e Os Ingleses poderán realizar os seus adestramentos habituais e xogar os partidos de competición previstos para o fin de semana.

Os terreos de xogo de ámbalas dúas instalacións municipal se atopan en bo estado despois do descanso da última semana e como consecuencia de que nos últimos días as precipitacións descenderan notablemente. Tras concluírse que a causa das abrasións sufridas por varios xogadores foi a excesiva cantidade de cal botada para evitar que as liñas dos campos se borrasen coas intensas choivas, a Fundación decidiu que os terreos de xogos marcaranse con pintura para os partidos previstos esta fin de semana. O uso da pintura limitarase ás xornadas de choivas para evitar riscos.

Dado que noutros campos de Galicia producíronse situacións semellantes das que a Federación Galega de Fútbol ten constancia, na xuntanza que Suárez mantivo cos responsables do Arosa, acordouse que tanto a Fundación como o propio club volverán a insistir ante o organismo federativo para que manden un perito a examinar o campo da Lomba. Espérase que esta visita se leve a cabo nas vindeiras horas, co obxecto de poder proceder a retirar a cal do campo canto antes, tal como se fixo en Fontecarmoa. A idea é que o céspede estea totalmente limpo para que o Arosa poidan adestrar na Lomba o xoves, tal como está fixado no calendario.

Os Ingleses poderán facer uso antes do campo de Fontecarmoa, xa que este está totalmente limpo de cal acondicionado.

Aparte da reapertura e condicións do campo da Lomba para o partido da xornada que ven, na xuntanza de hoxe o Arosa propuxo a posibilidade de asinar un convenio co Concello para facerse cargo o club do mantemento do terreo de xogo. A presidenta da Fundación comprometeuse a estudar a proposta e os termos da mesma, xa que agora é este organismo o o que financia e se encarga destes traballos e financia o seu custe. O que xa adiantou Suárez é que a firma deste convenio, en nada afectaría ao Atlético Arousana que seguiría facendo uso das instalacións municipais.

A Fundación tamén estudará a posibilidade de colaborar economicamente co club que preside Manuel Abalo para adquirir unha cortadora de céspede con rodillo, unha máquina que i club considera imprescindible para o bo mantemento do terreo de xogo. Suárez tamén se comprometeu a solicitarb á Federación galega de Fútbol que, de cara á próxima temporada se acomoden os calendarios de competicións a efectos de que, na medida do posible, os partidos en casa de Arosa e Arousana non coincidan na mesma fin de semana.

Por último, tanto a Fundación como o club manifestaron o seu desexo de que a próxima temporada o Concello de Vilagarcía poida contar cun campo máis de herba artificial do que se poida beneficiar todo o deporte vilagarcián e que permita aliviar o uso intensivo das instalacións actuais.


LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top