Compartir:
0

@galizacig @CSIF36 @UGT_Galicia @ccoogalicia @Auga_asociacion @jlvilanova @zonaaberta

O AUDITORIO ACOLLE UNHA XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN EN CONCILIACIÓN, COAS PERSOAS COMO PROTAGONISTAS

Trátase dunha actividade aberta a todo o público que se inaugurará ás 9.45 horas
Empresas, entidades e administración exporá os seus plans e iniciativas de conciliación

Vilagarcía, 18 de febreiro de 2014.- "A conciliación en tempos de crise, as persoas como protagonistas". Este é o título da xornada de sensibilización que mañá, mércores, se celebrará no auditorio municipal, dende as 10 da mañá e ata as 14:30 coincidindo cun novo intercambio da experiencia europea Equilibrio-Balance, na que participan municipios noruegos e españois, entre eles Vilagarcía. Tralo feito nestes anos, o Concello traballa nun Pacto Local pola Conciliación.
A xornada de mañá, aberta ao público, contará con diversos expertos, como un catedrático de dereito do traballo, e distintos puntos de vista, como sindicalistas ou empresarios. Igualmente, técnicos municipais explicarán tres experiencias municipais que inciden na conciliación entre traballo e vida privada: Conciliatardes, o Banco do Tempo e o Plan de Igualdade municipal. Por último, representantes de Cambre e Verín –os dous concellos galegos que, con Vilagarcía, participan no programa europeo Equilibrio-Balance- relatarán como afrontan este reto dende a súa perspectiva municipal.

A xornada de sensibilización comezará ás 9:45 horas coa benvida institucional e a partir das 10:00 arrancará xa o encontro propiamente dito, co seguinte programa:

10.00-10.45. Relatorio Marco: "A conciliación: un obxectivo de cambio social". Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.
10.45- 11.45. Mesa redonda. Organizacións Sindicais:
- Rosa Abuín Rodríguez. Responsable da Secretaría de Igualdade da CIG.
- Montserrat Rodríguez Arribas. Vicepresidenta da CSIF en Pontevedra.
- Mónica Rodríguez Ponte. Secretaria de Igualdade, Xuventude e Movementos Sociais da UGT
- Pilar Seoane Vázquez. Portavoz de CC.OO na Comisión de Igualdade no Ministerio de Emprego e membro da Comisión executiva do sindicato en Galicia.

11.45-12.10. Descanso.
12.10-12.50. Mesa redonda. Organizacións Empresarias e Asociación de Autónomos:
- Autónomos de Galicia, AUGA. Lisardo Domínguez Rodríguez. Secretario xeral e Mª Jesús González Paradela, directora do departamento xurídico.
- FECA. Jose Luís Vilanova García, presidente.
- Zona Aberta. Zulema Fresco López, xerente.

12.50-14.30. Experiencias Locais:

- Plan de Conciliación do persoal do Concello de Vilagarcía de Arousa. Área de Igualdade.
- Banco de Tempo. Área de Igualdade, Concello de Vilagarcía de Arousa.
- Conciliatardes. Departamento de Servicios Sociais. Concello de Vilagarcía de Arousa.
- CEFRICO, Plan de Igualdade. Consuelo Somoza Piñeiro. Delegada de CC.OO.
- Xogoteca no noso cole. ANPA Dr. Fleming do CEIP Anexo A Lomba. Alicia Pérez Aller, Elsa Pérez Fernández e Ana de Lorenzo Aída.
- Conciliación en Verín. Ana Mª Núñez González, Psicóloga do CIM, e Mª Carmen Serrano Fernández, Directora e Traballadora social do CIM de Verín.
- Concilia Cambre. Mª Pilar Andújar Larios. Departamento de Educación, Concello de Cambre.

LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top