Compartir:
0
A CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN E A FUNDACIÓN LUMIÈRE LEVAN Ó CINE AOS ALUMNOS DE COLEXIOS E INSTITUTOS DO MUNICIPIO

As xornadas de cine en educación e valores desenvolveranse esta semana no Auditorio ao que acudirán 1008 alumnos de sete colexios e dous institutos

Haberá proxeccións adaptadas ás idades dos estudantes, análise, debate e actividades didácticas relacionadas coa película visionada

Debaterán sobre valores como a amizade, tolerancia, superación e os confrontarán con situacións de falta de valores, falta de comunicación ou acoso escolar

O actor Javier Bódalo asistirá á sesión do xoves para compartir a actividade cos alumnos de Secundaria, e unha psicóloga da Apega dirixirá os debates


Vilagarcía, 25 de febreiro de 2014.- Os alumnos de sete colexios e dous institutos de Vilagarcía terán esta semana unha actividade extraescolar de cine programa pola Concellería de Educación e a Fundación Lumiére. Trátase dunhas xornadas de cine en educación e valoras que organiza a entidade sen ánimo de lucro co obxectivo de promover o cine, axudar aos espectadores a comprendelo e utilizalo como ferramenta para a transmisión de valores.

A Concellería de Educación financia a actividade que xurdiu a raíz da proposta realizada por representantes da Fundación Lumière á edil Rocío Llovo no encontro que mantiveron no Festival de Curtas do Liceo-Casino hai uns meses. Dado o carácter educativo da proposta e debido a que á promove unha fundación sen ánimo de lucro e a un prezo moderado, a Concellería decidiu asumir o financiamento da mesma e colaborar a maiores poñendo o Auditorio a disposición da Fundación para a realización das sesións cinematográficas

O programa comeza mañá, desenvolverase ata o xoves no Auditorio e acudirán ás proxeccións 1008 alumnos e 51 profesores dos colexios A Lomba, Escardia, Vilaxoán, San Francisco, O Piñeiriño, Sagrada Familia e Rubiáns e dos institutos Miguel Ángel González e Bouza Brey.

As sesións están adaptadas ás idades do alumnado ao que van dirixidas, aos valores que se queren promover con elas, ao igual que as actividades posteriores ao visionado e que consisten nun análise-debate da película dirixido por psicólogos da Asociación de Pedagogos de Galicia (Apega), e a posterior realización nas aulas de actividades complementarias para afianzar o aprendido na sesións, para o cal o organismo entregará diverso material didáctico físico e on-line.

Os alumnos de 1º e 2º cursos de primaria verán a película de animación "Vecinos invasores" a través da cal traballarán os valores da amizade, o respecto, o traballo en equipo e o coidado do medio ambiente. Os escolares de 5º e 6º de Primaria visualizarán o film "Me llaman Radio" para afondar en aspectos como a amizade, a superación, a integración e a tolerancia. Por último, os estudantes de 3º e 4º da ESO debaterán e reflexionarán sobre os valores positivos do respecto, a integración e a tolerancia, e confrontaranos coa falta de valores, a falta de comunicación e o acoso escolar.

O programa comeza mañá cunha proxección no Auditorio a partir das 9.30 horas na que participarán alumnos de 1º e 2º de Primaria de A Lomba, A Escardia e San Francisco. As 11:30 haberá unha segunda sesión para escolares do mesmo nivel no quer, ademais dos centros anteriores se suman so do Piñeiriño, Rubiáns, Vilaxoán e Sagrada Familia.
O mércores tócalle a queda aos alumnos de 5º e 6º de Primaria cun único pase as 10:00 horas ao que asistirán escolares da Lomba, Escardia, San Francisco, Sagrada Familia e Rubiáns.

Cine, educación, cultura e arte

A última xornada será a do xoves para os alumnos de 3º e 4º da ESO, cunha sesión á partir das 9:30 horas nas que participarán alumnos dos institutos Bouza Brey e Miguel Ángel Gonzñalez e un segundo pase ás 11:30 horas para estudantes dos colexios San Francisco e Sagrada Familia. A estas sesións cos alumnos de Secundaria acudirá o actor Javier Bódalo que compartirá a experiencia, a análise e o debate cos alumnos e lles ofrecerá unha visión directa e interior do que é o mundo do cine e a achega deste xénero á cultura e ás artes.



LISTA DE DISTRIBUCIÓN: http://www.vilagarcia.es/gabinete

Publicar un comentario Disqus

 
Top