Compartir:
0
A COMISIÓN DE CUCA ANALIZARÁ DE FORMA CONXUNTA TODA A INFORMACIÓN RECABADA TRAS AS VISITAS ÁS PLANTAS DE GARAVILLA


O representantes da Corporación completaron esta mañá a rolda de visitas cun percorrido guiado polas instalacións de Vilaxoán

A empresa informou que teñen unha vista no xulgado en abril para dar conta do grado de execución da sentencia

O Concello xa solicitou ao Concello que resolva coa maior brevidade "tendo en conta a situación de incertidume entre o colectivo de traballadoras", así como para que se leve a cabo unha "escrupulosa execución da sentenza"

Vilagarcía, 6 de marzo de 2014.- A comisión municipal creada para facer seguimento do conflito xerado polo traslado da actividade de Cuca ás instalacións que o Grupo Garavilla ten no Grove, completou esta mañá a rolda de visitas co percorrido realizado á planta de Vilaxoán, agora baleira. Guiados polo responsable de mantemento da conserveira, composta polo alcalde e os voceiros de PP, PSOE, BNG e EU, escoitaron as explicacións que a empresa da sobre o traslado e quedaron en volver a reunirse a vindeira semana co obxecto de analizar de forma conxunta toda a información recabada e, en consecuencia, adoptar as medidas que consideren oportunas para reivindicar que se cumpra a sentenza ditada polo Xulgado do Social que declaraba improcedente o traslado das traballadoras.

Na visita de hoxe, os responsables do grupo conserveiro comunicaron que xa está fixado para finais do mes de abril unha vista no xulgado para dar a coñecer as medidas que tomaron e coas que, na opinión de Garavilla, cumpren a sentenza. Estas medidas foron facer que as traballadoras fichen na planta de Vilaxoán e trasladalas a continuación en autobús por conta da empresa ao Grove para realizar a súa función sen que varíen as súas condicións laborais.

Como xa se dixo tras a visita á planta do Grove, para a Corporación Municipal esta non é a solución desexada. Non obstante cómpre esperar a que a xuíza resolva si da por válidas ou non estas medidas, algo que podería acontecer na vista do mes de abril. Así a todo, a Alcaldía de Vilagarcía remitiu o pasado 28 de febreiro un escrito ao xulgado pregando a maior brevidade posible la resolución deste asunto "tendo en conta a situación de incertidume creada no colectivo de traballadores que se trasladan diariamente dende Vilaxoán a O Grove para realizar a súa xornada de traballo, así como para que se leve a cabo unha escrupulosa execución da sentenza".

Aínda que haberá que esperar a coñecer a resposta da xuíza, a comisión municipal continuará a súa labor e o alcalde e os voceiros dos catro grupos acordaron manter unha xuntanza a vindeira semana para xuntar e analizar en común toda a información recabada e, a partir de aí, establecer as seguintes liñas de actuación.

Pola súa banda, o goberno local reitera que a marcha de Cuca, tanto a nivel empresa como marca, de Vilaxoán; así como o traslado das traballadoras, supón unha perda social e económica moi grande para o municipio. Non obstante manteñen a súa confianza na xustiza para resolver este conflito de xeito máis satisfactorio para Vilagarcía a para as traballaras, resolución que as dúas partes deberán acatar.

No caso de que Cuca teña que regresar a Vilaxoán, o alcalde mantén a oferta de total colaboración do Concello coa empresa para facilitar o rápido traslado e a posta en marcha de novo da emblemática conserveira na localidade. E si a xuíza considera que coas medidas adoptadas por Garavilla xa se da por executada a sentenza, o alcalde pediu o compromiso doa conserveira de que volvan a sentarse coas traballadoras afectadas para chegar a acordos satisfactorios para ambas partes.

Publicar un comentario Disqus

 
Top