Compartir:
0


DOROTHY E A MEIGA DO OESTE RECALAN O SÁBADO NO AUDITORIO NA PROCURA DE "O MAGO DE OZ"

O musical deste clásico leva 5 anos en cartel e foi declarado o mellor espectáculo familiar en 2012

Trátase dunha adaptación actualizada do conto clásico no que se inclúen temas de rock, soul, funk e pop

Vilagarcía, 14 de marzo de 2014.- A oferta cultural da tarde do sábado está dedicada especialmente ao público familiar cun musical dos máis aplaudidos en toda España nos últimos 5 anos e que xa foi visto por máis de 500.000 persoas. Tratátase de "El Mago de Oz", un clásico actualizado aos tempos que corren e que inclúe temas de pop, rock, soul e funk e que presenta unha espectacular posta en escena. A actuación comeza ás 17:30 horas e a entradas pódense adquirir na imprenta AGQ ou a partir das 16:00 horas no Auditorio aos prezos de 14, 12 e 10 euros.

A rocambolesca aventura de Dorothy para volver a Kansas contén todas as claves do clásico, os seus símbolos e os seus valores, pero á vez vez explora novos camiños para achegarse ao esixente público do s. XXI.
Porque, nesta versión, nada é o que parece: a Fada Glinda é tan torpe como efectiva, a Meiga do Oeste é bastante neurótica, o León sen valor semella unha versión animal de Tony Manero, o Home de Follalata ten complexo de Clint Eastwood, e o Espantallo ten a memoria dun peixe e a inocencia dun neno. A través destas personaxes a historia pretende humanizar a maxia e atender ás necesidades do público adulto, eterno esquecido neste tipo de espectáculos, para que toda a familia goce dunha experiencia compartida.
Esta mestura de teatro moderno co teatro familiar faise patente á vez na posta en escena, utilizando proxeccións audiovisuais e unha sinxela escenografía que centra a atención no máis importante: os actores. Un excepcional departamento de caracterización e vestuiario axuda a que Oz resulte máis palpable e tridimensional que nunca.

Sinopse
Dorothy vivía na aburrida Kansas cos súa Tía Emma e os seus amigos Hunk, Leo e Oliver ata que, de pronto, un furacán transpórtaa ao máxico Mundo de Oz. Para volver ao seu fogar, a Fada Glinda guiou a Dorothy polo camiño de Baldosas Amarelas ata Cidade Esmeralda, onde vive o Mago de Oz, que é capaz de conceder calquera desexo. Polo camiño, atopa a un Espantallo sen cerebro, a un Home de Follalata sen corazón e a un León covarde que se unen a ela para pedirlle ao Mago aquelo do que cren carecer. Coa axuda da Fada Glinda e os seus novos amigos, Dorothy logra derrotar á malvada Meiga do Oeste e chega ata o Mago de Oz. Grazas a el, entende que a maxia de verdade a levamos dentro, e que ten no seu corazón a capacidade para cumprir os seus desexos e de volver a Oz sempre que lle apeteza para vivir novas aventuras.


Publicar un comentario Disqus

 
Top