Compartir:
0

Debido a situación de alerta metereolóxica, aplazase o desfile de Martes de Entroido de Vilagarcía para
Domingo 9


AS CHUVIAS PREVISTAS PARA MAÑÁ OBRIGAN A TRASLADAR AO DOMINGO O DESFILE DE ENTROIDO


Tratouse de non facelo coincidir con outras celebracións das parroquias


Vilagarcía, 3 de marzo de 2014.- A previsión meteorolóxica para mañá, martes de Entroido, apunta un 100% de probabilidades de choiva entre as 12 do mediodía e as 12 da noite. Ante este panorama, e para non estragar o desfile de carrozas e disfraces que tradicionalmente se celebra o martes de Entroido, a Concellería de Cultura decidiu suspender o acto de mañá e trasladado ao domingo de Piñata.

Os dous días posibles para encaixar o desfile na programación eran o sábado e o domingo de Piñata. A decisión de celebralo o domingo adoptouse para evitar a coincidencia co maior número de actividades previstas no municipio e por motivos de operatividade da Policía Local e Emerxencias. O sábado celébranse o Enterro do Arenque en Bamio e o Enterro da Sardiña en Vilaxoán e os locais da cidade organizan o concurso do Sábado de Piñata. Pola contra, o domingo so está previsto o Enterro da Sardiña do Gato Negro.

Concellería de Cultura informará esta mañá do cambio a todos os grupos e persoas que se apuntaron para participar no desfile. Dende o departamento que dirixe Rocío Llovo confían en en que o cambio de data non inflúa na elevada participación de disfraces e de público que gozan cada ano deste divertido e colorido evento, e lembran que se repartirán 3.000 euros en premios. Dada que as previsión meteorolóxicas para o domingo 9 de marzo son máis benévolas, espérase que o desfile luza como de costume e sirva para poñer o broche de ouro ao Entroido 2014 en Vilagarcía. Os horario e percorrido manteranse sen alteración.

Publicar un comentario Disqus

 
Top