Compartir:
0

OS NENOS E NENAS SERÁN OS PROTAGONISTAS DO LUNS DE ENTROIDO CO BAILE INFANTIL DA PEIXERÍA

Unha DJ animará a festa que se desenvolverá entre as cinco e as oito da tarde

O Luns de Entroido é o día que o Concello destina á diversión dos máis pequenos. A s Concellerías de Cultura e Xuventude organizan un ano máis o baile infantil de disfraces que se celebrará na Praza da Peixería e que este ano estará animado por unha DJ moi divertida. A festa, destinada a nenos e nenas de 3 a 12 anos, comezará ás cinco da tarde e prolongarase ata as oito. Aínda que non é un requisito imprescindible, anímase aos cativos a acudir disfrazados.

O baile desenvolverase no recinto da Praza da Peixería e contará cunha activa participación da DJ que, ademais de encargarse de poñer a música, animará aa festa facendo coreografías e bailes para que poida bailar todo o mundo.

Concello Vilagarcía

Publicar un comentario Disqus

 
Top