Compartir:
0

O Club Natación Vilagarcía participou na 5ª xornada das ligas alevín en benxamín de natación.

O Club Natación Vilagarcía desplazouse o pasado sábado a Ponteareas para disputar na Piscina Municipal a 5º xornada das ligas alevín e benxamín de natación, nas que tamén participaron o CN Ponteareas, o Club Galaico de Pontevedra, o CN Sanxenxo e o CN Salnes.

En canto aos resultados acadados polo CN Vilagarcía, destacar os seguintes:

Liga alevín:

Alejandro Peña Valcarcel de 14 anos, que en 400 estilos Masculino acadou o 4º posto cunha marca en 6:06.39, e repitiu o 4º posto na proba de 400 libre masculino onde obtivo unha marca de 2:25.04.
Marcos Fandiño Rocha de 13 anos, acadou o 6º posto na proba de 200 libre Masculino cunha marca de 2:46.93.
O equipo de relevos, formado por Alejandro Peña, Marcos Fandiño, Alvaro Paz e Roberto Fernández, acadou o 5º posto na proba de 4x100 Estilos Masculino., obtendo unha marca de 6:46.30.

Liga Benjamín:

Ángela López Fernandez, de 10 anos, que acadou un meritorio 6º posto na proba de 200 Estilos Femenino cunha marca de 3:49.08.

Daniel Vicente Ferreira de 10 anos, tamén acadou o 6 posto na proba de 100 Estilos Masculino Benjamín cunha marca de 1:41.38

Tamén participou nesta proba Sofia Rodriguez Nuñez.

edita:
CLUB NATACIÓN VILAGARCÍA S.D.
Rúa Rosalía de Castro nº 4-4º 36600 Vilagarcía
Tfno:  653300045
http://www.clubnatacionvilagarcia.com/

Publicar un comentario Disqus

 
Top