Compartir:
0
 A BANDA FILHARMÓNICA DO SALNÉS REGRESA A VILAGARCÍA CUN CONCERTO DEDICADO Á MULLER NO SEU DÍA INTERNACIONAL

O repertorio contén pezas de Vives, Debussy e Weber

Será o domingo 9 de marzo, ás 19,30 horas no auditorio

Vilagarcía, 1 de marzo de 2014.- Despois do notable éxito que supuxo a súa estrea con concerto de música de países do Leste, a Banda Filharmónica do Salnés regresa ao auditorio de Vilagarcía e de novo baixo a batuta de Xosé Xavier Bascoi. Será o domingo da vindeira semana, día 9 de marzo, a partir das 19,30 horas. Nesta ocasión, o fío conductor do concerto será o Día Internacional da Muller, da aí o título do evento: "Elas". O prezo da entrada é de tres euros. Poderá adquirirse no auditorio o mesmo día do concerto e a través dos membros da propia filharmónica.

O concerto terá dúas partes. Na primeira se interpretarán un preludio da zarzuela "Maruxa", de Amadeu Vives; dúas pezas de Carl María von Weber; e o preludio da "Sesta do fauno", de Claude Debussy. Na segunda parte se interpretará "Movement for Rosa", de Mark Camphouse, unha homenaxe á fundadora do Movemento de Dereitos Civís en Estados Unidos, Rosa Parks, e a "Sinfonía das Fábulas", de Julie Giroux.
A Banda Filharmónica contará coa colaboración de dúas solistas invitadas: Uxía Bolaño (composición de von Webber) e Alicia Castro (peza de Debussy).


Concello de Vilagarcía

Publicar un comentario Disqus

 
Top