Compartir:
0

XUVENTUDE ABRE A TODA A MOCIDADE OS CURSOS SOBRE O MANEXO DOS EQUIPOS DOS LOCAIS DE ENSAIO

Recibirán formación para un axeitado uso de equipos de gravación, mesa de mezclas e tamén dos instrumentos musicais das instalacións

É unha actividade gratuíta para promover o mantemento dos materiais e un eficaz servizo para os usuarios


Vilagarcía, 20 de marzo de 2014.- A Concellería de Xuventude e Voluntariado abre á mocidade en xeral o curso "Ensaiando nos locais" para formar aso usuarios dos Locais de Ensaio sobre o correcto uso dos equipos de gravación, mesa de mezclas e instrumentos cos que está dotado o servizo. O curso impartirase o venres 25 pola tarde e durante a xornada do sábado 26. É gratuíto e nel poderán participar 20 persoas que deberán inscribirse na Concellería de Xuventude de xeito presencial, a través do teléfono 986 099 200 extensión 222, ou do mail xuventude@vilagarcia.es


O técnico superior de son Diego Basadre será o encargado de impartir esta acción formativa que persegue dous obxectivos. Por un lado, proporcionar aos usuarios dos locais de ensaio os coñecementos precisos para que poidan sacarlle o mellor partido e rendemento posible aos equipos cos que contan o servizo, fomentando así a cultura musical entre a mocidade dun xeito máis profesionalizado. E por outro, contribuír ao coidado, conservación e mantemento duns equipos e instrumentos de bastante valor e que agora, debido a un uso incorrecto, estaban a estragarse de xeito reiterado, o que supoñía un custe moi elevado para o Concello en canto a reparacións e compra de pezas.

O curso aborda en tres días e durante catro horas (doce horas en total ), tanto a teoría como a práctica necesaria para coñecer e respectar á musica e os materiais implicados no seu desenrolo. Así, os alumnos abordarán aspectos relacionados coa afinación de instrumentos, uso e graduación de amplificadores e micrófonos, técnicas microfónicas, utilización de difusores e portas acústicas, backline, monitoraxe, preparación e montaxe dunha maqueta, diferentes soportes de gravación, novos formatos de edición e autoxestión e novas tecnoloxías de difusión. Todo elo apoiado de forma práctica cos medios e equipos dos propios Locais de Ensaio.

Nun primeiro momento o departamento que dirixe Sandra García ofertou de xeito excluso este curso aos usuarios inscritos no Rexistro dos Locais de Ensaio. Dado que só se formalizaron 5 inscricións, oa Concellería decidiu abrir a iniciativa á poboación en xeral interesada na faceta de produción musical, preparación de concertos, efectos sonoros.... Para dar tempo a completar o número de prazas, o curso posponse ata a fin de semana do 25 e 26 de abril.

Clases da man dun técnico profesional con experiencia no sector

O monitor do curso, Diego Basadre, conta cunha ampla formación profesional e académica no campo en cuestión, e tamén con moita experiencia no sector. Titulado no Ciclo Superior de Ténico de Son, soe traballar como técnico de son de grupos como Siniestro Total, Son De Seu ou Sés; conta co certificado Smaart ( programa de medición e axuste de sistemas de audio), Postgrao de Sonorización e Sistemas de Audio na Universidade de Valencia e asistiu a seminarios de Nexo Digico (marcas punteiras no sector do refuerzo sonoro.

Publicar un comentario Disqus

 
Top