Compartir:
0

O DESFILE DE ENTROIDO CONTARÁ O DOMINGO CON 48 CONCURSANTES, UN GRUPO DE 200 PERSOAS E DOUS TRÁILERS DE MÁIS DE 10 METROS

A participación é similar a do ano pasado pese ao cambio de data provocado pola chuvia

Haberá participantes de Vilagarcía, Tomiño, Fornelos do monte, Cuntis, Vilalonga, Meis, Barro, Poio, Santiago e Caldas

Os premios daranse a coñecer no fin de festa na Praza da Peixería

Vilagarcía, 7 de marzo de 2014.- A soleada xornada anunciada para o domingo sumada á elevada inscrición rexistrada no Desfile de Carrozas e Disfraces do Entroido fan prever un fin de festa por todo o alto en Vilagarcía. O desfile contará con 48 participantes, dos cales 24 son grupos, procedentes de diversas localidades da provincia. O colorido e a espectacularidade están garantidas dado con grupos moi numerosos, o máis grande con 200 participantes; e coa utilización de carrozas, carromatos e ata dous tráilers de 12 e 10 metros de lonxitude.

O desfile partirá ás 17:00 horas da rúa Alexandre Bóveda (fronte a Praza de Abastos). Dirixirase por Alejandro Cerecedo ata o cruce con Doutor Tourón, onde xirará cara a Praza de España para continuar por Padre Feijoo e tomar cara a Praza de Galicia. O tramo final discorrerá por Arcebispo Lago para volver a rematar en Alexandre Bóveda e Praza Carús dende onde os participantes irán posicionándose na Praza da Peixería.

O cambio de data para a celebración do desfile como consecuencia das choivas do Martes de Entroido non influíron na participación do multitudinario evento que conta cunha participación similar á do ano pasado.

Na modalidade de adultos están inscritos 12 grupos e haberá outros 12 concursantes no apartado individual/parellas. Na categoría infantil tamén participarán no desfile 12 grupos, así como outros 14 disfraces no apartado individual/parellas. Ademais, mantense una variada representación de municipios da provincia de Pontevedra e tamén algún da de A Coruña, con concursantes de Vilagarcía, Tomiño, Fornelos de Montes, Cuntis, Vilalonga, Meis, Barro, Poio, Caldas e Santiago.

Un dato a ter en conta é o elevado número de integrantes da maioría dos grupos. Destaca por ser o máis numeroso, un grupo infantil que reúne a 200 persoas, aínda que tamén haberá outros disfraces a concurso que contan cun número de participantes entre 70 e 14.

Outros dos elementos que aportan vistosidade e espectacularidade ao desfile son os vehículos e carrozas que complementan os disfraces. Os concursantes exhibirán o domingo carromatos, carrozas e outro tipo de vehículos engalanados de Entroido e tamén haberá dous tráilers de 11 e 12 metros de lonxitude, que ademais levan música incorporada.

Neste recinto farase público o fallo do xurado e procederase á entrega dos premios nas diferentes modalidades convocadas e entre os que a Concellería de Cultura repartirá 3.000 euros. A previsión é que a entrega de premios se celebre entre ás 20:00 e as 20:30 horas, en fucnión do ritmo ao que discorra o desfile. A festa proseguirá cun baile animado por DJ e disco móbil ata entrada a noitiña.

Publicar un comentario Disqus

 
Top