Compartir:
0

VILAXOÁN DE AROUSA
ENTROIDO 2014
ENTERRO DA SARDIÑA

PREGAN UNHA LEMBRANZA
PARA ESTA SABOROSA DONA A QUE ACOMPAÑEN AO SÚA INCINERACIÓN DEVOLVENDO ÁS SÚAS CINZAS AO MAR, QUE TERÁ LUGAR O DÍA 08 DE MARZO ÁS 20:00 HORAS.
CASA MORTUORIA: LONXA DE VILAXOÁN

A NOSASARDI~A FlNOU CON GRANDE DOR E TRISTURA, IMOSLLE DAR SEPULTURA.
MÁIS NON TARDARÁ O DÍA NO QUE DE NOVO XURDA NA NOSA RÍA, AGORA DURME TRANQUILA, ALÁ PARA O SAN XOÁN, ENTÓN SALTARÁ DE ALEGRÍA, E XA NOS MOLLARÁ NO PAN.

A COMITIVA FARÁ O SEGUlNTE PERCORRIDO:

Saida Lonxa ás 20:00 horas, paseo Ramón Patiño, Rúa Preguntoiro, Eiras, Vázquez Leís, Avenida de Vilanova, Benigno Santos , Bouza de Abaixo, Eirado, Avelina Nogueira, Rafael Pazos., (final) Eiras, Ramón
Patiño e fronte ao Centro Sociocultural será a súa inceneración

Acompañaran á finada Banda de Música, Gaiteiros e Pandereteiras.
Ao final no Centro haberá orelladas para todos.

PRÉGASE:
Que para acompañar á finada, poftamos as nosas mellores prendas en consonancia coa dor que todos sentimos no noso corazón, así, evitaremos as vestimentas que polo seu colorido poidan provocar releite nos seus máis achegados. Pódese ir con sábanas brancas.

FAVORES POR OS QUE A FAMILlARES LLES ANTIClPAN AS GRAZAS

ORACIÓN:
Padres do goberno que estades nos ceos,
glorificados sexan os vosos nomes que non parades de arruinarnos.
Fágase a vontade dos tcus asesores que nos espremen ,
perdoa as nosas débedas que aumentan cada día,
así como nós pcrdoamos aos corruptos e a banca,
e non nos debes caer na tentación de ir a por vos,
libranod do mal do emprego que falta nos fai
Amen

ORGANlZA: COMISIÓN ENTERRO DA SARDlÑA

No caso de cboiva montarase o palco No Centro Sociocultural

vídeo de 2012

Publicar un comentario Disqus

 
Top