Compartir:
0

A FUNDACIÓN INICIA O PROCEDEMENTO PARA SACAR A LICITACIÓN A CAFETERÍA DO PAVILLÓN DE FONTECARMOA


O Consello Reitor aprobou o convenio co Club Salvamento Vilagarcía para o uso da piscina

A convocatoria das subvencións, pendente da súa publicación no BOP

AS presidenta informou de que a Fundación de Fútbol contratou unha empresa para analizar a cal almacenada coa que se estaban a marcar os campos de herba

Vilagarcía, 7 de marzo de 2014.- O Consello Reitor da Fundación Municipal de Deportes celebrou onte unha longa sesión na que, entre outros asuntos, acordouse a posta en marcha o procedemento para sacar a licitación a cafetería do pavillón de Fontecarmoa; se aprobaron as bases para a convocatoria das subvencións ao deporte federado e para a organización de eventos, e se probou o convenio co Club Salvamento Vilagarcía para o uso das instalacións municipais da piscina.

Aparte de varios asuntos de trámite, o Consello Reitor nomeou onte ao seu representante na Mesa de Contratación para a adxudicación da cafetería do pavillón de Fontecarmoa en réxime de concesión, despois da xubilación da anterior concesionaria. O nomeamento recaeu na vicepresidenta da Fundación, Ana Granja, ao non terse producido ningunha outra proposta.
Tras este trámite porase en marcha a maquinaria para sacar a licitación a concesión. O prazo para a presentación de propostas abrirase unha vez que a convocatoria sexa publicada no DOG e no BOP.

Canon mínimo mensual de 300 euros máis IVA e contrato de 2 anos prorrogables outros 2

Segundo se establece nas bases, establécese ao concesionario un canon mínimo mensual de 300 euros máis IVA, cantidade que pode ser obxecto de mellora a alza por parte das persoas físicas ou xurídicas que concorran á convocatoria. O concesionario terá que dotar ao local dos equipamentos precisos para prestar o servizo de cafetería (neveiras, cafeteira, vaixela, cubertería, mesas, cadeiras...). O adxudicataria terá a obriga de manter os locais en perfecto estado e de manter o bar aberto en horario coincidente co das instalacións deportivas municipais. O prazo do contrato é de 2 anos, prorrogables anualmente outros dous anos máis.

O Consello Reitor tamén dou o visto bo onte ás bases das subvencións anuais que convoca a Fundación para axuda ao deporte federado e para a organización de eventos deportivos. Estas bases foron obxecto de actualización co obxecto de facilitar e axilizar a tramitación por parte dos clubs. Unha vez realizado este trámite, a Fundación remitirá ás convocatorias ao BOP para a súa publicación.

Outro dos temas acordados polo órgano Reitor foi a a aprobación da proposta de convenio entre a Fundación de Deportes e o Club Salvamento Vilagarcía, de recente creación. A diferencia doutras entidades deportivas que fan uso das instalacións municipais deportivas de balde sen necesidade de subscribir convenio algún, neste caso o trámite é preciso posto que a piscina, pese a ser de titularidade municipal, está xestionada por unha empresa a través do sistema de concesión. O obxecto deste acordo é o de contribuír ao financiamento do uso da piscina por parte do Club para o adestramento dos seus deportistas.

O último dos asuntos a destacar que se abordaron la reunión foi o informe do que dou conta a presidenta da Fundación, Elena Suárez, en relación aos casos de abrasións sufridos por varios deportistas nos campos de herba natural da Lomba e Fontecarmoa, feitos que se imputan ao exceso de cal utilizado os días de choiva para pintar as liñas dos campos. A presidenta tamén informou ao Consello que finalmente a Federación Galega de Fútbol contratou a unha empresa especializada e hoxe mesmo estaba previsto que a enviasen a Vilagarcía a recoller mostras da cal almacenada e que se estaba a utilizar para marcar os terreos de xogo, a efectos de analizar o seu estado.

Publicar un comentario Disqus

 
Top