Compartir:
0
@JoseLuizOubina
Tamén o enterro da sardiña. inicialmente programado para este venres, celebrarase o sábado 15

martes, 4 de marzo de 2014
"ÚLTIMA HORA: APRAZADA A GRAN MARCHA DO ENTROIDO MECO DESTA TARDE E O ENTERRO DA SARDIÑA DO VINDEIRO VENRES"
ATENCIÓN!

POR MOR DA AMEAZA DE MAL TEMPO PARA ESTA TARDE, A GRAN MARCHA DO ENTROIDO MECO APRÁZASE PARA O SÁBADO 15 DE MARZO CO MESMO PROGRAMA DE ACTOS, HORARIOS E LUGARES.

ASÍ MESMO, TAMÉN SE COMUNICA QUE O ENTERRO DA SARDIÑA, PREVISTO PARA O VINDEIRO VENRES 7, TAMÉN SE APRAZA PARA O MESMO SÁBADO 15, DESPOIS DO REMATE DO DESFILE DE DISFRACES. DESTE XEITO, PORASE PUNTO E FINAL AOS ACTOS DO ENTROIDO MECO 2014.

DESCULPEN AS MOLESTIAS QUE ESTES CAMBIOS DE ÚLTIMA HORA, TOTALMENTE ALLEOS Á ORGANIZACIÓN DESTES EVENTOS, POIDAN OCASIONARLLES.

O MESMO PROGRAMA DE ACTOS, HORARIOS E LUGARES

15.30 h Inscrición dos disfraces nas portas da Casa do Concello (obrigatoria para optar ao premio).
16.30 h Concentración dos disfraces na praza do Corgo.
17.00 h Inicio do desfile polo Sambódromo Meco: praza do Corgo, Beiramar, Luis Casais, Castelao, Rúa da Praza, Praza de Arriba e praza do Corgo de novo. (Para optar a premio é obrigatorio dar dúas voltas ao percorrido, despois xa se pode ir pola rúa Luís Seoane).  

Máis de 3.000 euros en premios. Aumento dos premios e redistribución destes e premio á mellor animación (poden participar comparsas).

Publicar un comentario Disqus

 
Top