Compartir:
0

Entrega por rexistro do listado dos problemas estructurais dos colexios os que pertencen as asociacions de nais e pais que forman a Coordinadora de ANPAS de Vilagarcía de Arousa

As seguintes ANPAS:

ANPA DO VAGALUME (EEI VAGALUME), ANPA ATRIL (ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA ¨BERNARDO DEL RÍO¨), ANPA A XUNQUEIRA (CEIP A LOMBA), ANPA ROSALÍA DE CASTRO (CEIP CARRIL), ANPA DOCTOR FLEMING (CEIP ANEXO A LOMBA), ANPA CASANOVA (CEIP RUBIÁNS), ANPA VILAXOAN ( CEIP VILAXOAN), ANPA O PIÑEIRO (CEIP O PIÑEIRIÑO), ANPA A ESCARDIA (CEIP A ESCARDIA).

Que despois de facer as correspondentes solicitudes de reparacións ou notificacións de avarías nos organismos correspondentes, a través da dirección do Centro de cada un dos colexios, ou da directiva de cada unha das ANPAS, e non obtendo respostas de estas en moitos casos ou contestacións que non terminan por executar a acción de estas solicitudes ou notificacións.

SOLICITAMOS:
Unha resposta concisa e real de cada un dos puntos que por sistema organizativo lle competa o seu Organismo. E tendo en conta, que nos seus arquivos xa teñen constancia da maioría de estas avarías ou reparacións, concretamos, que se no prazo de trinta días non temos contestación a este escrito, damos por entendido que novamente non temos resposta a estes problemas. Polo que procederemos a tomar solucións alternativas para que os alumnos e alumnas das escolas antes citadas, teñan uns Centros educativos cunhas mínimas condicións de uso.

Por medio da presente, dirixímonos a vostede para solicitar unha cita na fecha e hora que máis lle conveña para poder reunirnos.

LISTADO DE DEFICIENCIAS DOS CENTROS

ANPA DO VAGALUME (EEI VAGALUME)

Reparación ou reposición das instalacións de fontanería e saneamento.
· Revisión de persianas e das portas das aulas.
· Cambio de falsos teitos.
· Cambio de cristal da porta e ventás.
· Cambio de ventas ou no seu defecto sellado das actuáis, según proceda.
· Cambio de cuberta (problemas de frío e calor según a estación do ano), no inverno supón un gasto extraordinario de calefacción.
· Saída de emerxencia (edificio de dúas plantas cunha única saida na planta baixa).
· Revisión grietas caseta calefacción.
· Limpeza de canalóns.
· Existe tamén un informe pericial dos defectos existentes na escola e o seu mantemento entregado mediante rexistro de entrada no Concello e en Educación

ANPA O PIÑEIRO (CEIP O PIÑEIRIÑO)

- Ocasionáis desbordamentos da fosa séptica que se atopa no patio de Educación infantil, pero que o concello soluciona cada vez que ocorre e que parece que está en camiño de poñerlle remedio definitivamente.
- Supresión das barreiras arquitectónicas: principalmente carencia de ascensor.
- Supresión ou soterramento da torreta de media tensión existente dentro do colexio, á cal o centro puxo a solución de colocar alí un tortugueiro co fin de que os rapaces non puidesen ter acceso a ela.
- Pequenas reparacións en xeral.
- Actualizar a revisión dos extintores.

ANPA ROSALÍA DE CASTRO (CEIP CARRIL)

- Renovación das caxias das persianas (estanse reparando nestes momentos, pero de momento só se renovou nunha aula)
- Ampliación do valado exterior do recinto escolar
- Rematar a instalación eléctrica do timbre do portal novo de acceso ao colexio (Isto é importantísimo xa que está o portal aberto e pode saír un neno en calquera momento)
- Pintado dunha parede no despacho de educ. física, aulas de 1ºA e 5ºA , teito de conserxería e teito escaleiras de 6º- zona do tragaluces, polos continuos problemas de humidades e goteiras.
-Fontanería: Ademais estase avisando constantemente ao fontaneiro por problemas de perdas nas cisternas, a instalación é moi antiga, os tubos de ferro están oxidados,...; o que complica as reparacións que unha vez feitas ao pouco tempo hai que volver reparar. Sería necesario un cambio da instalación de fontanería.
-Electricidade: En canto á instalación eléctrica, temos continuos cortes de luz, o que provoca que se estropeen os ordenadores. A instalación eléctrica soporta o triple de aparatos conectados que cando foi instalada.
-Carpintería: As portas e ventás do centro son de ferro, non axustan e están moi deterioradas, o que provoca un gasto de calefacción inmenso e aínda así no colexio vai frío, tendo varias aulas nas que hai que estar co abrigo posto.
-Durante todo o inverno, temos problemas de humidade no chan dos baños, corredores e nalgunha aula. Xa houbo varias caídas e tivemos que secar e poñer xornais no chan para poder pasar.
-A última revisión de extintores data de marzo de 2012 e tería que ser anual, o concello é sabedor da necesidade desta revisión.

-O máis urxente, pero que depende de Xefatura Territorial é a substitución do tellado. E coas continuos temporais houbo que colocar varias veces as pranchas do falso teito en varias dependencias. Estas habería que cambialas por outro material, xa que o amianto non está permitido.

ANPA VILAXOAN ( CEIP VILAXOAN) 

Reunidos coa xunta directiva do CEIP VILAXOAN a ANPA deste centro decide facer constar por escrito os desperfeitos e traballos pendientes de realizar no noso colexio, traballos dos que xa foron informados as administracións pertinentes a través do Consello Escolar.
As averias máis urxentes son:
1º.- Reparación do falso teito, xa que os temporais deste inverno fixeron emporar se cabe, a situación deste ainda mais, caendo varias veces este curso, incluso cos nenos dentro das aulas, co peligro que eso supón para a seguridade da comunidade escolar.
2º.- Cambio de ventanais e persianas, xa que estás teñen máis de 30 anos, e, a través das ventanas pérdese moitisimo calor nas aulas sobre todo no piso de arriba o que fixo que este inverno algunha aula non superase os 13º centígrados de temperatura, incluso coa calefacción acendida, o que supón tamén un excesivo gasto en gasoil de calefacción.
As persianas son un peligro para os nenos xa que saen disparadas en canto fai un pouco de vento.
3º .- Cambio da caldeira da calefacción, xa que debido a que é moi antiga causa continuos gastos de repación ó centro, ademáis de non conseguir unha temperatura nas aulas adecuada para que os nenos e os profes poidan traballar adecuadamente.

ANPA DOCTOR FLEMING (CEIP ANEXO A LOMBA) 

-Informado o Equipo Directivo do CEIP “Anexo A Lomba” e reunida a Xunta Directiva da ANPA Dr Fleming de devandito centro decide facer constar por escrito os desperfeitos e traballos pendentes por realizar no que concirne o mantemento das instalacións do colexio e informar as autoridades pertinentes para solventalos no mínimo prazo posible:
-Substitución de pranchas do falso teito: Amianto
-Fontanería: tubos de ferro con máis de 40 anos e cobre polietileno, polipropileno é moitos nenos beben da auga que levan
-Tellado norte ten filtracións de auga 
-Canalóns e limas xa non admiten mais reparacións
-Instalación eléctrica non compatible coa utilización dos novos ordenadores
-Repara e pintar balaustrada
-Bocas contra incendios soamente dúas
-Persianas venecianas rotas e xanelas sen estores, o sol queima os papeis, impresoras e non permite a correcta utilización da pizarra dixital
-Cisternas urinarias rotas e en mal estado
-Pestillos das fiestras do baixo rotas ou que non abren e os cristais sen goma rompen con moita facilidade
-Faltan 6 baldosas de caucho con perigo de accidente dos nenos usuarios e os columbios da zoa infantil rotos
-Ampliación e reparación do tellado do patio uralitas soltas e rotas
-Escaleira para ó faiado acondicionándoo para almacén
-Rede para as porterías, os balóns rompen os cristais
-O patio está cheo de charcos debido as malas condicións e os usuarios do bus mollan constantemente os pes
-Falta de cortiza, as paredes dos corredores non admiten chinchetas

ANPA A XUNQUEIRA (CEIP A LOMBA) 

-A directiva da ANPA A XUNQUEIRA CEIP A LOMBA, Acorda despois da reunión mantida, e previa revisión do presente escrito pola dirección do Centro, exponer listado da relación de averías e desperfectos pendentes de executar a día 10-3-2014.
-Tellado do pavillón polideportivo, con desprendemento de planchas da cuberta e importante deterioro da canalización de desague do tellado. Imposibilita a realización de calquer actividade polo risco de desprendementos de máis pranchas do tellado , ademáis das inundacións que se producen cando chove. (actualmente permanece pechado polo alto risco que supón)
-Carencia de aseos e vestiarios no pavillón polideportivo. Por motivos obvios de hixiene, e polas evidentes necesidades fisiolóxicas que ten un ser humán. Solicitamos a construcción duns aseos masculino e feminino.
-Cuberta no patio infantil. Evidentemente, cando chove, e inútil este espazo sen cuberta, pero cando fai sol, e debido as paredes de cristal que dan a este patio prácticamente carentes de aperturas para ventilar, as aulas de infantil alcanzan moitas veces altas temperaturas, que dificultan considerablemente o correcto desemvolvemento de calquera actividade dentro das mesmas. No patio (cando fai sol), o problema e o mesmo.
-A zona exterior comprendida entre a parada de autobuses e o colexio, ademais dos arredores do pavillón, inundanse cando chove, facendo IMPOSIBLE o acceso o colexio ou o pavillón sen saltar os nenos e nenas maiores, e sen mollar os pes e pantalóns os máis pequenos (estes últimos precisan en moitas ocasións ser mudados de roupa cando chegan as aulas)(hai fotos e videos actuais destas inundacións). Solicitamos a canalización de estas augas plubiais para evitar as citadas inundacións e a solución para o piso ou chan que actualmente e un barrizal.
-Pintar comedor e colocar esquinais que protexan as aristas das paredes para evitar posibles accidentes neste espazo.
-Azulexar o corredor da cociña. As paredes humedécense creando un ambiente propicio para bacterias e fungos.
-Colocación de baldas en moitos armarios das aulas e sal de usos múltiples. Sen estas baldas o espazo destes armarios e prácticamente inoperativo.
-Temporizadores de luz e de auga en tódolos aseos. O que supoñería un importante aforro enerxético.
-Reparación das goteiras e humidades en case tódalas aulas e no comedor. Os usuarios deste Centro, teñen que compartir estes espazos con baldes e periódicos no chan, o que fai que non so limiten e dificulten as actividades nestes espazos, se non que o perigo de esvaróns que supón un chan mollado e evidente.
-Pintar o aula de 3 anos B, con importantes humidades nas paredes.
-Colocar os brazos e cañóns nas aulas de infantil (o operario que comenzou a colocar isto accidentouse, e quedaron sen colocar).
-Cableado e poñer en funcionamento un taboleiro dixital en 3ºB
-Conectar as persianas eléctricas do corredor da zona de infantil.
-Revisión dos elementos de extinción de incendios.
-Arranxo da calefacción solar.
-Paraventos, paredes, ou algún elemento que ampare o espazo de entrada de infantil. A altura do teito e tan grande que a choiva molla TODO o patio, dándose ademais a circunstancia que está situado nun punto onde o vento e constante, multiplicándose a sensación de frio, provocando que os máis pequenos do colexio sexan mais susceptibles de coller resfriados, catarros…
-Reparar aseos da caseta do ANPA que non desauga correctamente.
-A parada de Autobuses do colexio carece de beirarrúas co perigo que supón para os nenos e nenas que diariamente collen estes buses. Solicitamos o acondicionamento destas paradas
-Anclado a o teito do moble onde se deixan as mochila. Non estar anclado o teito supón un evidente risco de caída do mesmo.
-Anclado correcto de porterías (nunha delas rompeu a soldadura do ángulo do poste co chan) . E análise de todos os elementos de risco. Evacuación do colexio como as portas antipánico carencia delas na saida polo comedor, pola porta principal do Centro e pola saida de infantil. Ademáis a saida de emerxencia que da o exterior vai dar ¡OS DEPOSITOS DE PROPANO!.
-Canal de desague paralelo a pista deportiva, non desauga correctamente, producíndose a inundación parcial da pista.
-Acondicionamento e pintado de líneas da pista polideportiva situada entre o colexio e a parada e instalación de canastras.
-Construcción de un novo aseo para o persoal docente. So hai un aseo para este persoal o que o fai mixto e insuficiente
-Reparación das grietas das paredes que se observan por todo o colexio.
-Instalacción de unha protección nas bocas de auga que hai no patio infantil. Hai un importante risco de accidente pola situación de estos grifos, este risco faríase menor cunhas protecións axeitadas.
-Instalación dun punto máis da sirena no patio infantil. Neste lugar non se escoita o sinal de incendios ou de horarios.
-Repisado do chan no corredor exterior na fachada principal e no patio de infantil.
-Incremento da velocidade de internet. Cando varios ordenadores se conectan a rede para traballar neles vai moi lento ou se colga, coa conseguinte pérdida de tempo.
-Nos alfeizares das ventás non votaron material antihumiidade e está entrando humidade para as aulas.
-As manillas das persianas de moitas clases están tan arrimadas as paredes que só se levantan con unha-dificultade extrema.
-Os zócalos e baldosas das paredes non están ben pegadas e teñen perigo de caer en calquer momento.

ANPA CASANOVA (CEIP RUBIÁNS) 

OBRAS DE MANTENIMIENTO NECESARIAS EN EL CENTRO (CONCELLO)

EXTERIOR
-Limpieza de todas las canaletas y arquetas del centro.
-Canalones rotos de recogida de aguas del patio cubierto que cae justo en el parque de infantil y en el propio patio.
-Hierro para retirar justo en la entrada del parque infantil.
-Rotura del cerramiento en la parte posterior (zona pistas y arenero).
-Aumentar la presión del agua, ya que a veces no llega a los pisos superiores (nos informan las trabajadoras de la limpieza y ellas mismas nos dicen que se ha hecho otras veces).
-Revisión en general de todos los árboles y ver si es necesario podar alguno.
-Cortar la hierba.

INTERIOR
-Persiana sin correa en el aula de EI 3 años.
-Tapar agujero azulejos en el aula de Psicomotricidad.
-Instalación de corcho en las aulas de Psicomotricidad y Música.

EXTINTORES
EXPÓN QUE
Os extintores instalados no CEIP Rubiáns non pasaron a revisión obrigatoria anual que lles correspondía nos meses de marzo e abril do presente ano 2013, polo que se atopan caducados
POR ISO SOLICITA
Que á maior brevidade posible pasen a facer a revisión obrigatoria dos extintores, xa que son elementos moi importantes para a seguridade e protección do centro.

DEFICIENCIAS EN LAS RUTAS DE AUTOBÚS ESCOLAR CEIP RUBIÁNS
CARREFOUR: marquesina sin banco, sin protecciones laterales para lluvia. Repintado de paso de peatones, señañización vertical correspondiente.
CARBALLIDO: ausencia de marquesina, paso de peatones, y su señalización vertical correspondiente (reducción velocidad, peligro peatones, información paso de peatones)
ESPIÑEIROS: ausencia de paso de peatones y su señalización vertical correspondiente (reducción velocidad, peligro peatones, información paso de peatones)
CASTROGUDÍN: llueve dentro por arriba porque al ser de madera el metacrilato ha cedido y está deteriorado, requiere al menos cambio de metacrilato
CARBALLAS: es una marquesina colocada por la Diputación, no tiene ningún tipo de acristalamiento
O VENTO: el banco de la marquesina está roto, necesita repintado del paso de peatones y colocar señalización vertical de peligro antes de la parada
A BOUZA: repintado también del paso de peatones y misma situación que O Vento en cuanto a señalización vertical. Posible colocación de pasos elevados?
CHURRASCO:  Marquesina de ida: falta acristalamiento lateral y banco roto. Marquesina de vuelta: banco roto
SENTÍN: solicitamos paso de peatones y una marquesina para la parada de vuelta
HOSPITAL: acristalamiento roto
ESTUDIANTE: el semáforo sólo cambia para peatones si se pulsa el botón. Según la ruta que hace el autobús, actualmente no disponemos de ninguna marquesina para uso del transporte escolar.
QUINTÁNS: hay una marquesina blanca de las antiguas sin acristalamiento ninguno

AO SR. XEFE TERRITORIAL DE EDUCACIÓN EN PONTEVEDRA,
D. CÉSAR PÉREZ ARES

A A.N.P.A. do C.E.I.P. RUBIÁNS con C.I.F. G36204162, e con domicilio sito en Rúa do Ensino, s/n 36619, Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

EXPÓN
-Que como representantes das nais e pais do centro de ensino CEIP Rubiáns, detectamos varias deficiencias e carencias que repercuten tanto na igualdade de oportunidades dos nosos fillos/as, como na súa saúde e na calidade e atención educativa que están a recibir, e que a continuación referimos:
-O edificio onde se están a realizar as clases de Educación Física, mal chamado pabellón ou ximnasio, está cheo de humidades, fungos, polo deterioro da cuberta, non hai ningún tipo de aillamento térmico. Os capachos recollen auga que cae do teito. A salubridade do local é pésima. Carece de instalación de auga, e polo tanto de baños nin vestiarios. Os nenos teñen que sair aos baños do edificio central. Non ten as medidas mínimas legais. As portas de acceso abren cara o interior co perigo que esto supón. A instalación eléctrica é totalmente deficitaria e perigosa. Non hai extintores.
-As pistas deportivas ao aire libre están en pésimas condicións (co asfalto totalmente levantado, corrosivas en caso de caída) e resultan moi perigosas para a realización de calquera actividade deportiva nelas.
-Debido a antigüidade das ventanas o illamento térmico do edificio central é nulo na actualidade. Nenos e docentes teñen que estudiar e traballar cos abrigos e bufandas postos. O gasto en calefacción supón unha grande parte do reducido orzamento total do centro.
-Existe demanda de plazas de comedor, moi importante para que a matrícula no centro siga aumentando ano tras ano, e coas plazas actuais non se chega a atender a toda esta demanda.
-Existe unha cantidade elevada de alumnado con necesidades de apoio e atención educativa (moitos casos graves).

SOLICITA
-Construcción dun Ximnasio, con tódolos requisitos mínimos que marca a lei (baños, vestiarios, medidas axeitadas ao número de alumnos do centro), demandado e prometido xa dende fai moitos anos.
-Reparación das pistas deportivas ao aire libre.
-Renovación de toda a carpintería exterior
-Ampliación de plazas no comedor
-Mestra de Audición e Linguaxe a tempo completo 

Publicar un comentario Disqus

 
Top