Compartir:
0

TRABALLO E BENESTAR REPARTIRÁ 151.000 EUROS ENTRE AS 12 COLECTIVOS SOCIAIS

A Xunta de Goberno Local aprobou as subvencións nominativas correspondentes ao orzamento de 2014

As axudas teñen como obxectivo contribuír a financiar a labor social dos colectivos.

Vilagarcía, 28 de abril de 2014.- A Xunta local de Goberno aprobou na reunión do venres conceder as subvencións de carácter nominativo fixadas nos orzamentos municipais de 2014 a doce entidades sociais co obxectivo de contribuír ao financiamentos dos programas e da labor social que prestan no municipio. El total, a Concellería de Traballo e Benestar distribuirá 151.000 euros en axudas que oscilan entre os 84.000 e os 1.500 euros.

A subvención de maior suma é a de Cruz Vermella que recibirá 84.000 euros para financiar o albergue de transeúntes que mantén en colaboración co Concello, máis outros 4.000 para o resto de actividades da entidade. Cáritas Interparroquial recibirá 30.000 e á Fundación Asilo-Hospitalillo Divina Pastora concédenselle 15.000 euros. Por debaixo desta cifra sitúanse as axudas que o departamento que dirixe Elena Suárez dará á Fundación Amigos de Galicia (5.000 euros), á Asociación Lar (3.000) e a BATA (3.000 euros); mentres que a Fundación Galega Contra o Narcotráfico, a Asociación Apa do Centro de Saiar; a Asociación Española contra o Cancro, a Fundación Monte do Gozo e Amencer, recibirán 1.500 euros cada unha.

Unha vez aprobado o gasto, as entidades sociais beneficiarias destas subvencións nominativas deberán presentar a documentación xustificativa das axudas a efectos de completar o trámite para realizarse o pago das mesmas coa maior brevidade.

Publicar un comentario Disqus

 
Top