Compartir:
0

O AUDITORIO DE VILAGARCÍA ACOLLE O DOMINGO A ACTUACIÓN ESTELAR DE JUAN PERRO


O alter ego de Santiago Auserón chega a Vilagarcía despois de colgar o cartel de "completo" nos dous concertos da Coruña e dunha exitosa xira polos Estados Unidos

As entradas están á venta nas billeteiras electrónica e telefónica de servinova ao prezo de 10, 8 e 6 euros

Vilagarcía, 2 de abril de 2014.- O carismático Juan Perro recala este domingo en Vilagarcía para ofrecer concerto moi especial despois de rematar a súa xira polos Estados Unidos e de colgar o cartel de "completo" nos dous concertos desta semana na Coruña. Acompañado polo guitarrista Joan Vinyals, o líder da mítica Radio Futura, interpretará en dúo acústico os temas de "Casa en el aire", un traballo no que segue explorando a mestizaxe entre as músicas de raíz norteamericana, latinoamericana e ibérica, sempre impregnadas do soul negro e nun espectáculo vestido pola posta en escena e o humor. A venta anticipada das entradas xa está aberta a través de www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. os prezos, 8, 10 e 12 euros.

Os vilagarciáns e veciños dos municipios da ría e a súa contorna terán unha oportunidade pouco menos que excepcional de poder gozar da música dun dos compositores españois con máis traxectoria e prestixio. Juan Perro, alter ego de Santiago Auserón, líder da xa extinta Radio Futura, regresa a Vilagarcía despois do excelente sabor de boca que deixou entre os milleiros de persoas aos que enfeitizou coa súa voz, mestura de soul, duende e augardente, na actuación que fixo no homenaxe a rendido ao actor e cómico de Vilaxoán, Pepe Rubianes, en setembro de 2009.

Nesta ocasión, Juan Perro ven a presentar o seu proxecto Casa en el aire, un compendio de cancións da súa discografía en solitario (e algunha peza inédita) levadas a ese terreo no que prima o pracer da imprecisión, no que a fronteiras se refire. Facendo gala da historia musical que tan ben coñece, Juan Perro leva as composicións dende Cuba a Nova Orleáns e viceversa, como un "sonero" antigo e como un "bluesman" de raza, achegando beiras e sen ocultar aromas roqueros, trovadorescos, mediterráneos, etcétera... E faino a base de simplicidade, pureza e complicidade co público.

Acompañado por todo un mago da guitarra, Joan Vinyals, Juan Perro non escatima tempo nin cancións: 22 pezas que lanza sen presa, ofrecendo un espectáculo dobre: por un lado, a vitalidade da música; por outro, a gracia, a ironía e a invención dunhas intelixentes e hilarantes presentacións que son en si mesmas todo un show. Pezas de Raíces ao Vento, La Huella sonora, Míster hambre, Cantares de vela e especialmente Río Negro, o seu disco máis recente, configuran un apaixonante e excitante repertorio, completado con algunha canción inédita.

Publicar un comentario Disqus

 
Top