Compartir:
0
1ª FEIRA DA CERVEXA ARTESÁ VILAGARCÍA, 25, 26 E 27 DE ABRIL 2014 NA PLAZA DA PEIXERIA

PROGRAMACIÓN
VENRES DÍA 25:
18:00H. Inauguración e pinchada do primeiro barril.
21:30H. Concurso á etiqueta máis orixinal da FEIRA. (Votar na urna do stand de vasos).
22:00H. Concerto de música a cargo de grupo “SOFÁ AMBULANTE”.
SÁBADO DÍA 26:
12:00H. Apertura da FEIRA
21:30H. Concurso da mellor cervexa da FEIRA. Por cata dos asistentes.( Votar na urna do stand de vasos).
22:00H. Concerto de música a cargo do grupo “BLUE MONK”.
DOMINGO DÍA 27:
12:00H. Apertura da FEIRA.
13:00H. Curso de elaboración de CERVEXA ARTESÁ no escenario da PRAZA DA PEIXERÍA (máximo 30 persoas)
*prazas limitadas, se queres participar envía un e-mail cos teus datos a: cursodecervexa@gmail.com
22:00H. Peche da FEIRA

1 edición da FEIRA DA CERVEXA ARTESÁ DE VILAGARCÍA. Esta novedosa feira virá para quedarse dende o Venres 25 de Abril ata o Domingo 27 de Abril. Será a ASOCIACÍÓN
GALEGA DE CERVEXEIROS ARTESANS os encargados de realizar este evento . A Asociación pretende dar a coñecer un producto artesanal por agora bastante descoñecido e profundizar na cultura desta bebida.

Habilitaranse 8 stands de 3 por 3 situados na PRAZA DA PEIXERÍA onde poder degustar as diferentes variedades de cervexa artesá .

A entrada á feira e totalmente gratuita pero para consumir haberá que mercar o vaso oficial da feira onde servirán as cervexas

Os visitantes que queran acceder pero non consumir poden facelo, o ser libre o acceso: o vaso da feira actúa como pasaporte para visitar os diferentes stands.

Tamén habrá dous stands de comida para poder acompañar a cervexa artesá. Colocaranse mesas e bancos o longo da PRAZA .

Publicar un comentario Disqus

 
Top