Compartir:
0

A I MOSTRA DE ARTE E COLECCIONISMO DE VILAGARCÍA "MERCART" CONTA CON OBRA DE MEDIO CENTO DE AUTORES

A feira organizada pola Galería Arcana coa colaboración da Concellería de Cultura e do Liceo-Casino, inaugúrase mañá, xoves, no salón de actos da sociedade

Vilagarcía, 9 de abril de 2014.- Vilagarcía acolle dende mañá a súa I Mostra de Arte e Coleccionismo "Mercart", un evento cultural que nesta primeira edición reúne obra de medio centenar de creadores de diferentes disciplinas artísticas que os vilagarciáns poderán admirar e, se o desexan, comprar. A iniciativa organizada pola Galería Arcana que dirixe Anxo Pastor, conta coa colaboración da Concellería de Cultura e do Liceo-Casino que presta o seu salón da Rúa Castelao para a celebración da feira que se inaugura mañá, xoves, 10 de abril, ás 20:00 horas.

Finalmente será medio cento os autores plásticos que colgarán obra en Mercart, a maioría deles, artistas da comarca e das súas inmediacións, aínda que tamén haberá representación allea. O fondo da mostra inclúe pintura, escultura, gravado, fotografía, creacións dixitais e litografías de creadores en activo e incluso dalgúns xa finados. Algunhas das firmas presentes la feira de arte e coleccionismo son as de Manolo Paz, Xaquín Chaves, Arenaz, Uxío López, Anxo Pastor, Pedrosa, Sebas Anxo, Manuel Busto, Lino Silva, Jorge Agra, Augusto Metztli, Oubiña, Enrique Conde, Rañó, ou Francisco pazos, entre outros. E os coleccionistas terán a oportunidade incluso de adquirir litografías de Joán Miró ou óleos de Xosé Conde Corbal.

A mostra componse de obras de pequeno e mediano formato coa finalidade principal de que, aínda tratándose de obras de arte de moita calidade, teñan un prezo asequible para o comprador de a pé. Trátase, pois, dun xeito de achegar a arte á cidadanía en xeral e incluso facilitar que a levan as súas propias casas.


ver> ARTE PARA LLEVAR

Publicar un comentario Disqus

 
Top