Compartir:
0

O HUMOR SEN PALABRAS DE TRICICLE CHEGA O DOMINGO 13 DE ABRIL AO AUDITORIO CUNHA ESCOLMA DOS MELLORES SKETCHS DO TRÍO CATALÁN

Representarán míticos gags de espectáculos tan aplaudidos como Slastic, Manicomic, Exit o Terrorific

As entradas custan 14, 12 e 10 euros e pódense comprar a través de servinova e o día da función no Auditorio

Vilagarcía, 8 de abril de 2014.- Os mellores sketchs dos espectáculos de Tricicle chegan esta fin de semana Vilagarcía da man de Clownic, a compañía creada polo famoso trío catalán de mimos, co obxectivo de levar as súas creacións por toda a xeografía nacional e parte de Europa. "100% Tricicle" chega o domingo, 13 de abril, ao Auditorio Municipal para facer rir aos vilagarciáns cos gags máis famosos e desternillantes dos espectáculos de Tricicle moitos dos cales xa forman parte do imaxinario popular. Manicomic, Exit, Salastic, Terrorific, Entretrés ou Sit dan contido a esta antoloxía dos mellores momentos de Tricicle que promete arrancar unha gargallada do público cada 10 segundos.

O inconfundible humor sen palabras de Tricicle irrompe o domingo no escenario do Auditorio nunha función que comezará ás oito da tarde e que, contando coa dirección do trío catalán, será interpretada polos integrantes de Clownic: Eduard Méndez, Antonio del Valle e Jaume Ortanoba. As entradas para "100% Tricicle" custan 14, 12 e 10 euros e están a venta a través da web http://www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. Tamén se poderán comprar na billeteira do Auditorio o día da función a partir das 18:00 horas.

Publicar un comentario Disqus

 
Top