Compartir:
0

Cambados prepara un desfile de moda para exhibir deseños de Eva Soto

A xove deseñadora cambadesa Eva Soto Conde, que nos últimos anos está experimentando unha gran proxección na súa carreira, asidua da Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid e gañadora en tres ocasións do Concurso Nacional de Vestidos.Tratouse de coordinar a posta en marcha dun desfile de moda en Cambados.

Neste evento Eva Soto exhibirá as súas máis recentes creacións que espertaron o interese da gran diva da música pop Lady Gaga. A deseñadora tamén prevé amosar coleccións anteriores, realizadas en
papel, coma a “Origami” ou “Pajaros en la cabeza”, que lle aportaron gran notoriedade e varios premios en diferentes pasarelas.

O evento contará cun deseño estético, coidadoso e íntimo e a entrada será de balde ata completar o aforo dun espazo acaído para a ocasión. O Concello encargaráse da montaxe e dos medios técnicos
necesarios coa intención de darlle cobertura e impulso a unha das figuras con máis futuro no panorama da creación de moda.


Publicar un comentario Disqus

 
Top