Compartir:
0

A INSTALACIÓN DE CAUCHO NOS PARQUES INFANTÍS DO MIGUEL HERNÁNDEZ CHEGA Á ZONA DOS MÁIS CATIVOS

A diferencia do outro espazo, no que se instalaron novas instalacións para os xogos, neste manteranse os equipamentos actuais que foron renovados hai pouco tempo

Vilagarcía, 21 de abril de 2014.-A zona de xogos destinada aos máis cativos no Parque Miguel Hernández, péchase a partir de hoxe para proceder retirar a area e proceder a instalación do solo de caucho, similar ao que xa se está instalando no espazo contiguo. O Concello optou esperar a despois da Semana Santa para comezar a traballar nesta zona de xogos para que os nenos puideran utilizala no período vacacional tendo en conta que a outra xa se atopaba en obras.

O pavimento sintético que se colocará na zona dos cativos é similar á que xa se está poñendo no espazo do fronte, con láminas en dous cores. Como xa se ve, na zona dos maiores procedeuse á completa renovación dos xogos coa instalación dunha grande instalación en forma de castelo. Na área dos cativos manteranse os xogos actuais posto que se trata de elementos renovados hai pouco tempo e que se atopan en perfecto estado.

A previsión é que ámbalas dúas zonas de xogos infantís do Parque Miguel Hernández poidan estar operativas de novo en cuestión de dez ou quince días.

Publicar un comentario Disqus

 
Top