Compartir:
0

OS CLUBS XA PODEN SOLICITAR AS SUBVENCIÓNS DA FUNDACIÓN DE DEPORTES

O prazo para as axudas ao fomento do deporte federado remata o 14 de abril e o das subvención para organización de actividades o día 19 deste mesmo mes

As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios da web municipal e publicáronse no BOP do venres, 28 de marzo

Vilagarcía, 1 de abril de 2014.- Os clubs e entidades deportivas do municipio que desexen acceder ás axudas económicas que convoca a Fundación de Deportes xa poden presentar as súas solicitudes. O Boletín Oficial da Provincia publicou o venres, 28 de marzo, as convocatorias e bases que rexen a concesión das subvencións, tanto para o Fomento do deporte Federado, como para a Organización de Actividades deportivas extraordinarias. O prazo de presentación para as primeiras remata o 14 de abril e para as segundas o día 19 deste mesmo mes.

As bases de ámbalas dúas liñas de axudas modificáronse este ano co consenso do Consello reitor da Fundación municipal de Deportes a efectos de axilizar a concesión e facilitar a tramitación concretando prazos e aclarando a documentación a presentar polos solicitantes.
Ademais de consultar o BOP do 28 de marzo, os interesados poden obter as bases nos que se recollen os requisitos e criterios de concesión das axudas a través do taboleiro de anuncios da web municipal, onde tamén poden obter os formularios para tramitar as peticións.

As solicitudes, xunto coa documentación requirida, deben presentarse dentro dos prazos antes mencionados, na sede da Fundación Municipal de Deportes, sita no pavillón de Fexdega.

Publicar un comentario Disqus

 
Top