Compartir:
0

A MELLOR BANDA TRIBUTO A QUEEN DO MUNDO RECALA EN VILAGARCÍA O 13 DE XUÑO

Este é a cuarta xira por España dos arxentinos Dr. Queen, despois do rotundo éxito acadado o ano pasado con cheos absolutos como os de Vigo

As entradas xa están á venta a través de servinova a 22 euros nas zonas A e B e 20 na C. En billeteira custarán 25 euros

Vilagarcía, 12 de abril de 2014.- Os vilagarciáns poderán revivir a maxia dun dos mitos da historia do rock: Queen, co concerto que o 13 de xuño ofrecerá no Auditorio a mellor banda tributo do mundo, segundo a proclamación realizada recentemente no Freedie Mercury Memorial Day. Trátase do grupo arxentino Doctor Queen, unha formación aclamada polos seguidores da banda que lideraba o desaparecido Freddie Mercury e que recrea á perfección tanto os temas como a posta en escena do grupo orixinal.

Dr. Queen fai escala en Vilagarcía no seu cuarto tour por España, despois do rotundo éxito de público e de crítica que tiveron o pasado ano en Galicia, con cheos absolutos como os rexistrados nos dous concertos realizados en Vigo en outono, e que en 2014 regresa á cidade olívica por quinta vez. Agora, os vilagarciáns poderán gozar na casa do mellor repertorio de Queen con excelentes interpretacións musicais e vocais en directo e unha posta en escena que non desmerece á da banda de Brian May nin ao derroche de talento enerxía que caracteriza os concertos de Mercury.

Doctor Queen está composta polos arxentinos Jorge Busetto (Mercury), Álvaro Navarro (Brian May), Daniel Ronchetti (John Deacon) e Andy Taylor (Roger Taylor). A banda formouse hai 14 anos en torno ao seu líder, o médico cardiólogo e fan incombustible de Queen, Jorge Busseto. Dende as súas primeiras actuacións, o grupo tributo asombrou alá por onde debido a súa calidade musical e, en especial, polo asombroso parecido de timbre e potencia entre as voces de Busetto e Mercury. Tamén asombroso é o parecido físico, acrecentado polo vestiario, xestos e movementos cos que o doutor lembra ao desaparecido Freedie. A banda toca tantos temas de Queen como da etapa de Mercury en solitario.

No espectáculo soarán temas esenciais como Bohemian Rhapsody, Love of my life, Somebody to love, The show must go on, The great Pretender, I was Born To Love You; boleros como Love me likes theres no tomorro e ata composicións clásicas como Barcelona, Guide me home, How can I go on, e moitas máis.

As entradas para asistir ao concerto de Dc Queen o venres, 13 de xuño, no Auditorio de Vilagarcía, xa se poden adquirir de xeito anticipado a través de www.servinova.com e do teléfono 902 504 500 ao prezo de 22 euros para as zonas A e B e 20 euros para a zona C. En billeteira, o prezo das localidades elevaranse a 25 euros.

Publicar un comentario Disqus

 
Top