Compartir:
0
OS ALUMNOS DO DEPARTAMENTO DE PIANO CONMEMORAN O X ANIVERSARIO DO CONSERVATORIO CUN CONCERTO NO AUDITORIO

A actuación comeza ás 20:00 horas e a entrada é libre e de balde

Vilagarcía, 7 de abril de 2014.- Vintetrés alumnos de Piano do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía actúan mañá, martes, 8 de abril, no concerto extraordinario que o departamento organiza no marco do programa conmemorativo do X aniversario do centro municipal. Os estudiantes do grao medio e profesional interpretarán pezas de compositores como Debussy, Beethoven, Haydn, Dvorak, Chopin, Suk, ou Mozart, entre outros.

O concerto celebrarase no Auditorio a partir das 20:00 horas e a entrada é libre e de balde como todos os actos que organiza o Conservatorio para celebrar con todos os vilagarciáns estes primeiros dez anos de ensino musical profesional na cidade.

O concerto abrirase coa actuación das sete alumnas de piano do grao elemental Paula Agra, Lara Vidal, Eugenia Fernández, Virginia Serantes, Uxía Paz, Alejandra Agra e Marta Quintáns. Cada unha delas interpretará unha peza en solitario.

O único dúo de piano que haberá no concerto de mañá é o composto por Alba Rodríguez e Laura Chaves, alumnas do grao profesional que interpretarán a Habanera de M. Moszkowski. En total serán 16 os alumnos do grao profesional que actuarán no concerto de piano, aínda que os outro 14 o farán con interpretacións en solitario. Serán Pablo Costa, Chantal Rodríguez, Tífani Barcala, Tatiana Meis, Alba Viñas, sara Diz, Laura Chaves, Alba Rodríguez, penélope Cervelo, Irene García, Andrea Obenza, Isabel Couceiro, José Manuel Ruán e Maritza Ruán.

Masterclass de piano

O programa do X Aniversario do Conservatorio ábrese esta tarde coa Masterclass da vilonista de Crimea Diana Tischenko. A entrada tamén é de balde ata completar aforo e a actividade celebrarse no Auditorio dende as 16:30 e ata as 21:30 horas. Como alumnos activos, só participarán nela cinco violinistas que ao longo de toda a tarde recibirán os consellos e ensinanzas que dende o punto de vista técnico, interpretativo e musical lles ofrecerá Diana Tishchenko. Na sesión traballarán cun reportorio composto da Sonata en Fa M - G. F. Haendel, Concierto en Sol M – G. Ph. Telemann, Concierto en Do M – J. Haydn , Danza Española op. 26 nº 1 – P. Sarasate, Schon Rosmarin – F. Kreisler, Capricho nº 16 – N. Paganini y 1º Mov. Concierto en mi m - F. Mendelssohn.


Publicar un comentario Disqus

 
Top