Compartir:
0

VELA, FÚTBOL, BALONCESTO E TAEKWONDO APORTAN CANDIDATOS AO MELLOR DEPORTISTA LOCAL DO ANO 2013

Aspiran ao máximo galardón Adrián Domínguez, Carlos Paz, o equipo sénior do Cortegada, Daniel Abalo e o equipo absoluto de exhibición do Olimpic

O xurado tamén concede mencións especiais a colectivos, persoas, empresas clubs pola súa traxectoria, apoio ó deporte ou traxectoria deportivas

Vilagarcía 28 de maio de 2014.- A Fundación Municipal de Deportes fixo pública hoxe o nome dos cinco finalistas para obter o premio do Mellor Deportista Local do ano 2013, galardón que se dará a coñecer durante a Gala Local do deporte que se celebrará o sábado 7 de xuño. Os finalistas deste ano son os regatistas Adrián Domínguez e Carlos Paz; o futbolista Daniel Abalo; o equipo sénior do club de baloncesto Cortegada, e o equipo absoluto de exhibición de taekwondo do Club Olimpc. O xurado tamén fallou as mencións especiais que a Fundación concederá ás persoas, colectivos, empresas ou clubs que teñan destacado o pasado ano pola súa labor de promoción e apoio ao deporte ou pola traxectoria ou éxitos deportivos acadados.

Os cinco finalistas que optan a facerse co premio de mellor deportista Local de 2013 son:

- Adrián Domínguez Fajardo (Vela), Campión de España Xuvenil e Subcampión de España Absoluto, Clase 420.

- Equipo Senior da Agrupación Deportiva Cortegada (Baloncesto). 1ª Clasificado no seu grupo da 2ª División Nacional.

- D. Daniel Abalo Paulos (Fútbol), polo seu debut nunha Competición Europea, xogando no ano 2013 a fase previa da Champións League.

- D. Carlos Paz Blanco (Vela), 1º no Ránking Nacional Preolímpico, 3º na Copa do Mundo e 7º nunha proba do Circuíto Mundial.

- Equipo Absoluto de Exhibición do Club Taekwondo Olimpic Vilagarcía, Campións Galegos, España e Mundial 2013.


Como todos os anos, o xurado tamén decidiu conceder unha serie de Mencións Especiais en seis apartados:

Clubs: Club Kenpo Vilagarcía, polos éxitos conseguidos polos seus deportistas, tanto a nivel Auntonómico como Nacional, ao longo da tempada 2013, obtendo a distinción de Mellor Club Nacional 2013.

Mención individuais:
- Miguel Ángel Cuevas Feijoo, polo seu traballo como adestrador dos deportistas do Club Olimpic Vilagarcía, que nesta tempada 2013 obtiveron grandes éxitos internacionais.
- D. Benjamín Rey Rodríguez, polo traballo desinteresado que ven realizando ao longo dos anos no ámbito do Baloncesto.
- D. Adolfo Brea López, polo traballo desinteresado que ven realizando ao longo dos anos no ámbito do Rugbi.

Empresas ou entidades: Conservas Portomar, S.L.

Prensa e medios de comunicación: Jorge Expósito Otero, Redacción de Radio Arosa, Cadena SER e responsable do programa Liña de Fondo.

Comités organizadores de eventos deportivos: Club Xadrez Fontecarmoa, pola organización do Conxunto de Eventos Deportivos ao longo de toda a temporada.

Serán distinguidos cunha "DISTINCIÓN DEPORTISTA DE BASE" diversos nenos/as do deporte base de Vilagarcía de Arousa a efectos de recoñecer a súa faceta deportiva e continuar motivándoos.

Publicar un comentario Disqus

 
Top