Compartir:
0

Desde el viernes 30 de mayo a las 20h hasta el 27 de junio, en la Sala Briones. Entrada libre
EDO HASSAGATTI COMBINA ESCULTURA E FOTOGRAFÍAS NA EXPOSICIÓN QUE SE INAUGURA MAÑÁ NA RIVAS BRIONES

É a primeira vez que o artista luso italiano exhibe a súa obra en Vilagarcía

A exposición estrutúrase en dúas partes: "Babel", unha colección de esculturas baseadas na figura humana, e "Home, sweet empty home II", unha selección de fotografías que repara en detalles de casas baleiras e abandonadas.

Na faceta escultórica, Edo Hassagatti combina como materias primas materiais nobres como a madeira e a pedra xunto co ferro. Todas as esculturas inspíranse na morfoloxía humana.
Para a mostra fotográfica, o artista utiliza tanto a técnica do branco e negro, como o color, e tamén efectos como o negativo. Nas imaxes o autor fixa o obxectivo en elementos concretos ou espazos de casas en estado ruinoso e abandonadas nos que aínda se pode deducir o que serven para imaxinar parte da vida que acolleron algún día.

Publicar un comentario Disqus

 
Top