Compartir:
0
Fotos de Lua Piñeiro na sua visita o centro
A CAMPIONA DE TAEKWONDO, LUA PIÑEIRO, VISITOU O CENTRO

Lua quedou encantada do trato recibido polo centro e os nenos, que estiveron traballando durante semanas para recibir a campiona cun  verdadeiro museo composto de murales, debuxos, proxeccións en vídeo, banderíns. En definitiva, o mellor e mais sincero homenaxe dos mais pequenos, entre os que, seguramente, algún futuro deportista verá en Lúa un referente que pasou, tal día como hoxe, polo seu colexio.

Lúa comenta na rede "Sabían os meus apelidos, idade, de donde era, os meus títulos. O recibimento non puido ser mellor. Escoitar a un montón de nenos corear o meu nome con banderins que días antes estiveran facendo foi alucinante". Lua acompañouse da sua irmá Antia, deportista reconocida tamen do taekwondo.

Dentro do programa de actividades propostas pola Equipa de Dinamización Lingüística, encádrase esta que DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES E COMPLEMENTARIAS - EQUIPA DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA do centro titula: PERSONAXE SEGREDO. Tal como explican, cada ano buscan algunha personalidade famosa do mundo da cultura ou do deporte que destaque polo uso da lingua galega e, sempre que sexa posible, que proceda dun entorno cercano. Para captar a atención e espertar interese propoñen ás familias un xogo de pistas que conducen a averiguar a identidade do personaxe que nos vai visitar.

Este ano contaron coa Campiona de España na especialidade de Taekwondo, a caldense, LÚA PIÑEIRO, que conta cun palmarés e cunha traxectoria impecables, así como ser unha persoa exemplar, un bo modelo de vida para o noso alumnado. A partir das 12:00 h. do xoves día 30, Lúa impartiu unha pequena sesión de taekwwondo ao alumnado de Ed. Infantil e a continuación contestou ás preguntas do alumnado de Ed. Primaria.

Publicar un comentario Disqus

 
Top