Compartir:
0

A produtora de "Yo Quevedo" comunicou onte a decisión

Vilagarcía, 28 de maio de 2014.- O humorista Moncho Borrajo cancelou a actuación que tiña previsto realizar o próximo domingo, 1 de xuño, no Auditorio. A produtora do espectáculo "Yo, Quevedo" comunicou onte á Concellería de Cultura á decisión baseada na lento ritmo de venta de entradas a escasos cinco días da representación.

A produtora de Borrajo lamentou ter que anular a cita co público vilagarciá e puxo de manifesto o seu interese por regresar pronto ao Auditorio da capital arousá.

En canto ás persoas que xa tiveran adquirido entradas para o espectáculo do domingo, o importe das mesmas seralles devolto a través do mesmo medio polo que efectuaron a compra (servinova.com ou na billeteira telefónica 902 504 500)

Publicar un comentario Disqus

 
Top