Compartir:
0

O Dragón Comemedo (venres 16 maio as 18h)

Aproveitando o día das Letras Galegas a coordinadora de ANPAS de Vilagarcía de Arousa vai a
organizar unha actividade libre e gratuita para estimular a lectura aos máis pequenos.
Contando coa colaboración do escritor vilagarcián Antón Romero vaise facer un obradoiro con  diferentes actividades centradas no seu libro “ O Dragón Comemedo” (Edit. Baía), que terá lugar  o Venres 16 de maio as 18:00 horas e terá unha duración aproximada dunha hora. O lugar de celebración será o salón de actos da Escola Municipal de Música de Vilagarcía. Recomendamos a participación nesta actividade a nenos/as de idades comprendidas entre os 3 e os 7 anos.

Consideramos que sería interesante, pero non imprescindible, a lectura previa do libro. Os pais/nais poden ler aos nenos o conto ou ben que os rapaces o lean por eles mesmos se xa saben.

 Por motivo de organización e aforo, o número de prazas será limitado. A ficha de inscripción entregaráse no buzón da caseta do ANPA antes do día 9 de Maio.

E OBRIGATORIO QUE TODOLOS NENOS E NENAS VEÑAN ACOMPAÑADOS DE UN ADULTO QUE SE FAGA RESPONSABLE

DELES DURANTE TODA A ACTIVIDADE (A ORGANIZACIÓN NON SE FAI RESPONSABLE NIN DE PERSOAS FISICAS NIN DE CALQUERA INCIDENTE QUE POIDESE ACONTECER)

(ENVIAREMOS A TOD@S @S ALUMN@S UNHA FOLLA DE INSCRIPCIÓN COMO ESTA)

----------------------------------------------------RECORTAR----------------------------------------------------

INSCRIPCIÓN NO OBRADOIRO “O DRAGÓN COMEMEDO”

NOME DO NENO/A:__________________________________________________

COLEXIO:______________________________________________________________

TELÉFONO DO PAI /NAI____________________DATA___________________________

E-MAIL:________________________________________________________________

Publicar un comentario Disqus

 
Top