Compartir:
0
Participámosvos que o vindeiro sábado 31 de maio de 2014, a partires das 19:30 h. e no Salón de Actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa (Rúa Castelao, 5), celebraremos a XXXVI MESA DAS VERBAS, recital poético mensual, aberto a todos os interesados na poesía. 

Nesta oportunidade, contaremos co acompañamento musical do Coro Voces Amigas de Vilagarcía, dirixido por Chiruca Rivera, que nos deleitarán coas fermosas cancións do seu repertorio. 

E na primeira parte da Mesa o poeta Gonzalo Suárez presentará o seu libro titulado: POESÍA DE LO AJENO. Todos os que desexen gozar da poesía e da música están convocados a esta XXXVI MESA DAS VERBAS.

Como sempre o cartel anunciador deseñado por Andrea Fernández, "Nei".

Publicar un comentario Disqus

 
Top